Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2000 Páx. 672

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Frigoríficos de Vigo, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Frigoríficos de Vigo, S.A., con nº de código 3600662, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-11-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa e da parte social, polo comité de empresa, en data do 25-11-1999. De conformidade co disposto

no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de decembro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Frigoríficos de Vigo, S.A.

Convenio colectivo 1999-2000

Título I

Disposicións xerais

Capítulo I

Obxecto e ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Obxecto.

Este convenio regula as condicións de traballo entre a empresa Frigoríficos de Vigo, S.A. e os traballadores vinculados a ela mediante relación laboral establecida en virtude das distintas modalidades contractuais recollidas pola lexislación vixente en cada momento e de acordo co disposto nos artigos seguintes.

Artigo 2º.-Partes concertantes.

As partes concertantes deste convenio son o comité de empresa e a dirección da empresa.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

As normas contidas neste convenio afectarán exclusivamente ós centros de traballo da empresa na rúa Jacinto Benavente, 3 e no Porto Pesqueiro, dársena 4, en ámbolos dous casos en Vigo.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

Queda afectado por este convenio todo o persoal que se atope prestando servicios na empresa.

Artigo 5º.-Ámbito temporal.

a) Vixencia.

O convenio entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no BOP e producirá efectos económicos a partir da data da súa sinatura o día 25 de novembro de 1999 segundo resulta da acta de acordo final, se ben os seus efectos enconómicos se retrotraerán ó 1 de novembro de 1999.

b) Duración e denuncia.

Duración: a duración do convenio será de catorce (14) meses contados desde o día 1 de novembro de 1999 ó 31 de decembro de 2000, calquera que sexa o momento da súa publicación no BOP.

Denuncia: o convenio quedará automaticamente denunciado á súa finalización, dándose a parte social e económica por notificadas.

En consecuencia, a totalidade da regulación contida no convenio colectivo manterase en vigor desde a data de finalización da súa vixencia ata a súa substitución por un novo convenio colectivo, co

carácter de condicións desfrutadas colectivamente polos traballadores afectados.

Capítulo II

Normas de aplicación

Artigo 6º.-Lexislación supletoria.

En todo o non previsto neste convenio será de aplicación o establecido na lexislación vixente.

Artigo 7º.-. Compensación e absorción de melloras.

As melloras económicas contidas neste convenio serán consideradas como un todo orgánico e indivisible e, nesta forma global, poderán compensarse coas que anteriormente puideran existir ou que poidan establecerse sobre os mínimos regulamentarios, calquera que fose a orixe, a denominación ou forma en que estiveran contidas.

Artigo 8º.-Garantías persoais.

A empresa respectará as condicións máis beneficiosas de carácter voluntario ou por convenio que viñese desfrutando o persoal.

Artigo 9º.-Vixilancia/interpretación.

Para velar pola aplicación e cumprimento do estipulado neste convenio, créase unha comisión mixta formada por dous membros designados pola dirección de empresa e outros dous membros designados pola representación dos traballadores.

A súa función será a de interpreta-lo convenio, a conciliación dos problemas presentados e a vixilancia do pactado, manténdose sempre dentro do ámbito das normas legais que regulan os convenios colectivos. Reunirase cantas veces sexa preciso por petición de calquera das partes.

Capítulo III

Principios informadores da relación laboral

Artigo 10º.-Aseguranza de calidade.

Os traballadores e a dirección, convencidos de que a calidade é a fonte determinante do desenvolvemento e progreso da empresa e garantía para a súa perennidade, comprométense á posta en común das súas competencias ó servicio dunha mellor comprensión e satisfacción das necesidades dos clientes.

Artigo 11º.-Rigor profesional.

O persoal colaborará activamente coa dirección para lograr un alto nivel de eficacia e productividade actuando profesionalmente con rigor e determinación no desenvolvemento do seu traballo, informando os seus superiores de cantas deficiencias puidesen encontrar nos productos, materiais, equipos ou útiles co fin de que estas poidan ser previdas ou emendadas de maneira inmediata pola dirección.

Artigo 12º.-Relacións de cooperación e respecto mutuos.

O persoal da empresa está especialmente obrigado a manter entre si así como cos clientes e provedores, relacións profesionais de cooperación sendo a cor

tesía, máximo respecto, consideración e traballo en equipo, as condicións esixibles.

Título II

Organización do traballo

Capítulo I

Facultades de dirección e organización

Artigo 13º.-Norma xeral.

A organización práctica do traballo é facultade exclusiva da dirección e, polo tanto, élle potestativo adoptar cantos sistemas de racionalización, automatización e modernización xulgue precisos, así como a reestructuración das seccións, variacións de postos de traballo, mobilidade persoal, modificación de quendas e, en xeral, canto poida dirixir ó progreso técnico da empresa, sempre que non se opoña ó establecido nas disposicións vixentes na materia, segundo o artigo 20 do Estatuto dos traballadores.

Expresamente recoñéceselle á dirección a facultade de sinala-las tarefas complementarias, así como as máquinas e instalacións que deba atender cada traballador dentro das súas seccións, co fin de conseguir unha plena ocupación del, sempre que iso non supoña vexación ou menoscabo da súa misión laboral.

A dirección da empresa comunicaralle ó comité de empresa coa antelación suficiente, todas aquelas cuestións de importancia relacionadas coa organización do traballo.

Sen mingua da facultade aludida no parágrafo primeiro, os representantes dos traballadores terán funcións de orientación, proposta e emisión de informes no relacionado coa organización e racionalización do traballo, de conformidade coa lexislación vixente.

Título III

Réxime de persoal

Capítulo I

Incorporación do persoal e progresión profesional

Artigo 14º.-Contratación.

A empresa, de acordo coas súas necesidades, poderá empregar cantas modalidades de contrato de traballo, que axustándose á natureza do emprego de que se trate, sexan recollidas pola lexislación vixente en cada momento.

A contratación de traballadores realizarase sempre por escrito, entregando a empresa ós representantes legais dos traballadores a copia básica dos contratos que se subscriban. Toda contratación realizarase dentro do marco de clasificación profesional establecido no anexo II deste convenio.

Terán dereito preferente a ocupa-las vacantes que se produzan os fillos dos traballadores, sempre que reúnan as condicións requiridas para o posto, sendo preceptivo o informe do comité de empresa.

Cando a empresa precise persoal eventual, igualmente terán dereito preferente os fillos dos traballadores que reúnan os requisitos esixidos para o posto.

Artigo 15º.-Provisión de vacantes e ascensos.

Todo o persoal da empresa terá, en igualdade de condicións, preferencia para cubri-las vacantes de praza de superiores categorías que naquela poidan producirse.

Os ascensos e provisión de vacantes rexerán para tódalas categorías e en igualdade de condicións, cos seguintes criterios:

-Polas regras xerais da existencia de vacantes, probas de aptitude e concurso das categorías inferiores, conxuntamente considerados os ditos conceptos e aténdose á titulación e capacitación que se requira para cubri-las ditas vacantes.

En caso de igualdade de condicións, primará a antigüidade.

-Os delegados de persoal ou comité de empresa elaborarán, conxuntamente coa empresa, as normas para o concurso de provisión de vacantes ou ascensos, entendendo así mesmo sobre as reclamacións producidas. De non mediar acordo sobre estas, resolverá a autoridade laboral.

-A empresa conxuntamente co comité elaborará un programa para a formación profesional previamente á provisión de vacantes ou ascensos.

-Fíxanse os períodos máximos que o persoal pode permanecer nos distintos niveis das categorías, segundo o cadro seguinte, non existindo informes contradictorios por parte do comité de empresa ou os mandos responsables dos traballadores incursos no ascenso:

Nivel categoría Tempo

De nivel inferior a nivel 46 meses

De nivel 4 a nivel 32 anos

De nivel 3 a nivel 22 anos

De nivel 2 a nivel 11 ano

Capítulo II

Permisos e licencias

Artigo 16º.-Permisos.

A empresa poderá conceder permisos sen dereito a retribución, sempre que as esixencias do servicio así o permitan, ata un máximo de sete días e de común acordo entre a empresa e o comité.

Artigo 17º.-Licencias.

A empresa concederá licencias retribuídas a tódolos traballadores nos termos que seguen:

Matrimonio do productor: 15 días.

Enfermidade grave do cónxuxe e parto da esposa: 5 días.

Enfermidade grave de ascendentes e descendentes: 3 días.

Falecemento do cónxuxe: 5 días.

Falecemento de pais e fillos do traballador: 3 días.

Falecemento de irmáns e avós do traballador: 2 días.

Falecemento de pais, fillos, irmáns políticos do traballador: 2 días.

Falecemento de tíos, curmáns e sobriños do traballador: 1 día.

Falecemento de tíos e avós políticos do traballador: 1 día.

Por traslado do domicilio habitual: 2 días.

Por cumprimento dun deber inescusable de carácter público: o tempo necesario.

En todo caso, no que respecta a dereitos ou situacións nas que a condición do cónxuxe sexa a causa, entenderase que, no seu defecto, a condición de convivencia continuada dará lugar ós mesmos dereitos e situacións.

A empresa poderá solicitar do traballador a presentación de informe médico que xustifica a gravidade da enfermidade orixe da licencia.

Cando o traballador que solicite licencia por razón de matrimonio, conte con máis de catro meses de servicio na empresa non lle será rateable o tempo para o seu desfrute.

Capítulo III

Suspensión e resolución da relación laboral

Artigo 18º.-Excedencias.

Acordan as partes someterse nesta materia ó que resulte da regulación vixente contida no Estatuto dos traballadores.

Artigo 19º.-Aviso previo de resolución do contrato polo traballador.

Os traballadores que desexen cesar na empresa resolvendo voluntariamente o seu contrato de traballo, con excepción daqueles que se atoparan no período de proba, estarán obrigados a avisar previamente da dita circunstancia cos seguintes prazos de antelación:

CategoríaPrazo de aviso previo

Persoal non cualificado 7 días naturais

Persoal cualificado15 días naturais

Administrativos30 días naturais

Técnicos60 días naturais

O incumprimento de aviso previo coa referida antelación, daralle dereito á empresa a descontar da liquidación do traballador unha contía equivalente ó importe do seu salario diario por cada día de atraso no aviso, cun máximo de 15 días naturais.

Título IV

Réxime de traballo

Capítulo I

Xornada de traballo, horario e descansos

Artigo 20º.-Xornada.

A xornada de traballo terá unha duración durante o presente ano e o 2000 de 1.800 horas en cómputo

anual de traballo efectivo. A súa distribución será semanal, segundo horario autorizado pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións laborais.

Artigo 21º.-Horario de traballo.

O persoal de máquinas e despacho de xeo suxeitarase ás quendas establecidas para cada actividade.

O resto do persoal traballará en xornada partida de luns a venres, de 8 a 13 horas e de 14 a 17 horas.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias, pola súa natureza, serán voluntarias de acordo coa lexislación vixente.

En momentos en que pola carga de traballo resulte precisa unha importante actividade do cadro de persoal, poderá solicitarse dos traballadores a realización de horas extraordinarias de carácter estructural como as ocasionadas pola descarga, estiba e carga de camións, pola natureza perecedoira das mercadorías que se manipulan, a subministración de xeo ós barcos pesqueiros, así como as esixidas pola reparación de avarías e as necesarias para atender a períodos punta de producción.

As horas extraordinarias poderán ser cobradas ou compensadas con descanso a razón de 1,75 horas normais por hora extraordinaria normal realizada e dúas horas por cada hora en sábados, domingos e festivos.

Ó levar acumuladas 23 horas extraordinarias, dará lugar ó descanso dunha semana de compensación que se desfrutará nun tempo máximo non superior a tres meses.

Os traballadores poñeranse de acordo cos seus encargados ou xefes directos para comunicar cál das dúas opcións elixen. Este acordo deberá realizarse sempre antes do día tope de peche de nómina (día 25 de cada mes).

En calquera caso, as horas extraordinarias terán un incremento do 75% sobre a hora normal obtido en xornada laboral e do 100% en sábados, domingos e festivos.

Artigo 23º.-Control de traballo.

Control de traballo: tódolos operarios se comprometen a efectua-las anotacións oportunas que se precisen para o eficaz control dos traballos efectuados, a través dos medios que en cada momento estean establecidos pola empresa.

Artigo 24º.-Vacacións. Duración e desfrute.

a) Duración.

Tódolos traballadores gozarán dunhas vacacións anuais de 30 días naturais.

Os traballadores que na data determinada para o desfrute das vacacións non completasen un ano de permanencia na empresa, desfrutarán un número de días proporcionais ó tempo efectivo de prestación de servicios.

O período de vacacións retribuirase co importe do salario, antigüidade, gratificación voluntaria e penosa que de cada categoría profesional se especifica na táboa salarial anexa.

Artigo 25º.-Cargas e descargas.

Os menores de 18 anos só poderán efectuar labores de carga, descarga e carrexa de pesos non superiores a 20 kg.

Título V

Réxime de retribucións

Capítulo I

Estructura retributiva

Artigo 26º.-Xeral.

O persoal afectado por este convenio percibirá desde a data da súa entrada en vigor e ata o 31 de decembro de 1999 un incremento do 2,75% sobre tódolos conceptos segundo a súa categoría profesional, tal cal queda reflectido na táboa salarial anexa.

Para o ano 2000 a táboa salarial citada incrementarase nun 2,75% sobre tódalas columnas.

No suposto de que o IPC real fose superior a ese 2,75% a empresa aboaralles ós traballadores a diferencia existente.

Artigo 27º.-Complemento de posto de traballo.

O persoal afectado por traballos de carácter penoso, perigoso, tóxico, etc., percibirá por cada día de traballo complementos salariais na contía dun 10% do salario que lle corresponda, segundo a súa categoría profesional e de acordo co especificado na táboa salarial anexa.

Establécese unha prima para os traballadores mentres desenvolvan o seu traballo no interior das cámaras frigoríficas a temperaturas iguais ou inferiores a -18º, que consistirá nun 20% sobre o salario base.

Artigo 28º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio desfrutarán de aumentos periódicos por anos de servicio, como premio á súa vinculación á empresa, consistentes en cuadrienios ilimitados dun 6% calculados sobre o salario base que lles corresponde, segundo a súa categoría profesional, de acordo coa táboa salarial anexa.

Artigo 29º.-Gratificacións extraordinarias.

a) Xullo e Nadal.

A empresa aboaralle a todo o persoal, en concepto de gratificacións extraordinarias en xullo e decembro, o importe dunha mensualidade que se fixa na táboa salarial e tódolos seus complementos, máis antigüidade, que en cada caso corresponda. Estas gratificacións serán aboadas os días 15 de xullo e 15 de decembro, respectivamente.

b) Virxe das Neves.

O día 5 de agosto, festividade da Virxe das Neves, todo o persoal da empresa percibirá unha gratifi

cación de 10 días que se fixa na táboa salarial e tódolos seus complementos, máis antigüidade que, en cada caso, corresponda.

c) Beneficios.

A participación en beneficios na contía que aprobe a xunta xeral da empresa, farase efectiva entre os meses de marzo/abril.

A dirección da empresa e mailo comité estudiarán conxuntamente a contía individualizada que percibirán os traballadores.

Ó persoal que ingresase no transcurso do ano ou que cesase durante este, aboaránselle as gratificacións extraordinarias precedentes rateando o seu importe por doceavas partes en relación ó tempo transcorrido desde a data do seu ingreso, para os primeiros ou desde a última paga devengada, para os segundos, para o cal a fracción de mes se computará como fracción completa.

Artigo 30º.-Complemento por xornada continuada.

O persoal suxeito actualmente a quendas de traballo en xornada continua de oito horas percibirá a cantidade de 440 ptas. por cada día de traballo efectivo.

Este importe incrementarase no ano 2000 en 2,75% e en convenios sucesivos coa mesma porcentaxe que supoña o aumento salarial.

Artigo 31º.-Aboamento do salario.

a) Liquidación.

A liquidación dos devengos efectuarase mensualmente computándose as incidencias do 26 de cada mes ó 25 do seguinte e efectuándose o aboamento o último día hábil do mes.

b) Descontos por faltas ó traballo.

Tódalas faltas ó traballo que non teñan o carácter legal de retribuídas, descontaranse na liquidación da nómina inmediata a razón do valor profesional que lle corresponda ó afectado.

Título VI

Política social

Capítulo I

Beneficios de carácter asistencial

Artigo 32º.-Complemento por incapacidade temporal.

En caso de accidente laboral, a empresa complementará cun 25% as prestacións que lle correspondan ó traballador, calculadas sobre a base de accidentes, a partir do día da baixa.

En caso de hospitalización ou intervención cirúrxica e durante o período de convalecencia, ata un máximo de 30 días, a empresa pagará ou complementará as prestacións da Seguridade Social para que os traballadores perciban o 100% do salario real.

Cando por razón de enfermidade, o traballador precise a asistencia a consultorio médico, en horas coin

cidentes coa súa xornada laboral, a empresa concederá o tempo necesario para a consulta médica (traerá xustificante de asistencia e hora de saída do médico).

A empresa facilitaralle ó traballador un xustificante para que poida ser selado polo consultorio médico.

Artigo 33º.-Xubilacións anticipadas.

A empresa e os traballadores poderán pactar xubilacións anticipadas ós 64 anos de conformidade co disposto no Real decreto lei 14/1981, do 20 de agosto, e Real decreto 2705/1981, do 19 de outubro, debendo a empresa cubri-las ditas vacantes con traballadores que sexan titulares do dereito a calquera das prestacións económicas por desemprego, o mozo ou moza demandante de primeiro emprego, mediante un contrato da mesma natureza.

Todo traballador que, por razón de idade, se xubile ou cause baixa na empresa a consecuencia dunha invalidez permanente absoluta ou falecemento e leve nela un mínimo de cinco anos, terá unha indemnización a tanto alzado na contía de 20.000 ptas. incrementadas estas noutras 15.000 ptas. por cada ano de servicio, ata un máximo de 150.000 ptas.

Artigo 34º.-Reserva de posto de traballo.

A empresa quedará obrigada a incorporar a un posto de traballo adecuado a todo traballador que quedase incapacitado parcial ou totalmente para o seu traballo habitual, sempre que tal posto exista no cadro de persoal, percibindo as retribucións propias do posto de traballo que puidese ocupar.

Capítulo III

Servicios e atencións sociais

Artigo 35º.-Fondo de atencións sociais.

A empresa destinará cincocentas mil pesetas para cada ano de vixencia do convenio ó fondo social, que serán distribuídas polo comité de empresa para bolsas de estudios e outros fins sociais.

Título VII

Saúde laboral e seguridade no traballo

Artigo 36º.-Principios xerais.

Para estes efectos, haberá que aterse ó disposto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais.

Artigo 37º.-Vestiario.

A empresa proverá ó persoal do seguinte vestiario de uso obrigatorio durante a xornada laboral:

-Para todo o persoal:

Dous monos ou pezas similares, botas, luvas e dous pares de peúgos de la ou similares, con duración dun ano.

-Para o persoal que efectúe traballos en cámaras ou túneles de conxelación.

Un equipo completo de chaqueta e pantalón ou funda isotérmica, con duración de tres anos como

máximo. Un xogo de botas de media cana ou zapatos especiais para o frío e luvas impermeables, con duración dun ano.

-Para o persoal de máquinas e de xeo:

Un chaquetón cada tres anos.

Título VIII

Dereitos de representación e reunión

dos traballadores

Capítulo I

Dereitos de representación

Artigo 38º.-Crédito de horas sindicais.

Cada un dos membros do comité de empresa dispoñerá dun crédito de 20 horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación da empresa e dos seus traballadores.

Artigo 39º.-Acumulación de horas sindicais.

O comité poderá acumular este crédito de horas que a cada membro corresponda, nun ou máis compoñentes del, debéndose comunicar por escrito mensualmente á empresa e autorizándoo expresamente cada un dos interesados.

Non se incluirá no cómputo de horas o tempo empregado en actuacións e reunións levadas a cabo por iniciativa da empresa.

Capítulo II

Dereito de reunión

Artigo 40º.-Asembleas de traballadores.

A empresa facilitará a celebración de asembleas no seu recinto, que se desenvolverán dentro da última hora da xornada, sempre que non coincida cunha saturación de traballo e ata un máximo de 12 horas/ano.

Título IX

Faltas e sancións

Capítulo I

Facultade sancionadora e graduación das faltas

Artigo 41º.-Facultade sancionadora.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa de acordo coa graduación das faltas e sancións que se establecen nos artigos seguintes.

Artigo 42º.-Graduación das faltas.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase atendendo á súa importancia, transcendencia ou intención, en leve, grave ou moi grave.

Artigo 43º.-Faltas leves.

Considéranse faltas leves as seguintes:

1. As faltas de puntualidade non xustificadas ata cinco nun mes, na asistencia ó traballo con atraso superior a cinco minutos e inferior a trinta no horario de entrada.

2. Non comunicar en tempo oportuno a baixa correspondente cando se falte ó traballo por motivo

xustificado, a non ser que se probe a imposibilidade de o efectuar.

3. O abandono do servicio sen causa fundada, aínda que sexa por breve tempo. Se como consecuencia del se orixinase prexuízo dalgunha consideración á empresa ou fose causa de accidente ós seus compañeiros de traballo, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave segundo os casos.

4. Non atende-lo público coa corrección e dilixencia debidas.

5. Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

6. As discusións sobre asuntos estraños ó traballo dentro das dependencias da empresa. Se tales discusións produciran escándalo notorio, poderán ser consideradas como faltas graves ou moi graves.

7. Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

Artigo 44º.-Faltas graves.

Consideraranse faltas graves as seguintes:

1. Máis de oito faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo durante un período dun mes.

2. Ausencias sen causa xustificada por dous días durante un período dun mes.

3. Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia que poidan afectar á Seguridade Social. A falta maliciosa destes datos considerarase como falta moi grave.

4. A simulación de enfermidade ou accidente.

5. A desobediencia ós seus superiores en calquera materia de traballo. Se implicase quebranto manifesto da disciplina ou dela se derivase prexuízo notorio para a empresa, poderá ser considerado como falta moi grave.

6. Simula-la presencia doutro traballador fichando, contestando ou asinando por el.

7. A imprudencia en acto de traballo. Se implicase risco de accidente para o traballador, para os seus compañeiros ou perigo de avaría para as instalacións, poderá ser considerada como moi grave.

8. Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada, así como empregar ferramentas da empresa para usos propios.

9. A reincidencia en falta leve (excluída a de puntualidade), aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e tendo mediado comunicación escrita.

Artigo 45º.-Faltas moi graves.

Consideraranse como faltas moi graves, as seguintes:

1. Máis de quince faltas non xustificadas de puntualidade cometidas nun período de seis meses ou trinta durante un ano.

2. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto na empresa como ós compañeiros de traballo ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante o traballo en calquera outro lugar.

3. Facer desaparecer, inutilizar, estragar ou causar deterioracións en primeiras materias, útiles, ferramentas, maquinaria, aparatos, instalacións, edificios, utensilios e documentos da empresa.

4. A condena por delicto ou roubo, furto ou malversación cometida fóra da empresa que poidan implicar para esta desconfianza respecto do seu autor e, en todo caso, a de duración superior a seis anos, dictada polos tribunais de xustiza.

5. A embriaguez habitual na empresa.

6. Viola-lo segredo da correspondencia ou documentos reservados da empresa ou revelar a elementos estraños a ela datos de reserva obrigada.

7. Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade, falta grave de respecto e consideración ós xefes, así como ós compañeiros e subordinados.

8. Causar accidentes graves por neglixencia ou imprudencia.

9. Abandona-lo traballo en posto de responsabilidade sen causa xustificada.

10. A reincidencia en falta grave, da mesma natureza (excluída a puntualidade), sempre que se cometa dentro dos seis meses seguintes sen terse producido a primeira.

11. O abuso de autoridade por parte dos xefes. O que o sufra poñerao inmediatamente en coñecemento do director da empresa e delegado de persoal ou comité de empresa.

Artigo 46º.-Sancións.

As sancións máximas que poderán impoñerse en cada caso, atendendo á gravidade da falta cometida, serán as seguintes:

a) Por faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

b) Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo dun a dez días.

c) Por faltas moi graves:

1. Por falta moi grave: suspensión de emprego e soldo de once a trinta días.

2. Reincidencia en falta moi grave: inhabilitación por un período non superior a dous anos para o ascenso. Despedimento.

Artigo 47º.-Prescrición de faltas.

As faltas leves prescribirán ós dez días, as graves ós vinte días e as moi graves ós sesenta días a partir da data da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de terse cometido.

Artigo 48º.-Formalidades da imposición de sancións.

Correspóndelle á empresa a facultade de impoñer sancións nos termos do estipulado neste convenio.

A sanción das faltas graves requirirá comunicación escrita motivada ó traballador e a das faltas moi graves esixirá tramitación de expediente ou procedemento sumario en que sexa oído o traballador afectado.

En calquera caso, a empresa dará conta ó comité de empresa ou delegados de persoal, ó mesmo tempo que ó propio afectado, de toda sanción que se impoña.

Artigo 49º.-Prescrición.

A facultade da empresa para sancionar caducará para as faltas leves ós tres días, para as faltas graves, ós quince días, e para as moi graves, ós trinta días a partir da data en que aquela tivo coñecemento da súa comisión.

ANEXO I

Clasificación profesional

O persoal afectado polo convenio que preste os seus servicios na empresa quedará comprendido de acordo coa función que desempeñe dentro dos grupos xenéricos seguintes:

A. Técnicos.

B. Administrativos.

C. Subalternos.

D. Obreiros.

Grupo A. Técnicos.

Comprende, á súa vez, dous subgrupos coas seguintes categorías:

1. Técnicos titulados.

a) Con título superior.

b) Con título non superior.

2. Técnicos non titulados.

a) Xefe técnico de fabricación.

b) Encargado xeral.

c) Xefe de máquinas.

d) Encargado de sección.

e) Encargado de taller.

Grupo B. Administrativos.

Compóñeno as seguintes categorías:

a) Xefe de 1ª.

b) Xefe de 2ª.

c) Oficial de 1ª.

d) Oficial de 2ª.

e) Oficial de 3ª.

f) Auxiliar de 1ª.

g) Auxiliar de 2ª.

h) Auxiliar de 3ª.

i) Auxiliar de 4ª.

j) Aspirante.

Grupo C. Subalternos.

Comprende as seguintes categorías:

a) Vixilante de cámaras.

b) Vixilante.

c) Mozo dos recados.

d) Oficial de limpeza.

e) Auxiliar de limpeza de 1ª.

f) Auxiliar de limpeza de 2ª.

g) Auxiliar de limpeza de 3ª.

Grupo D. Obreiros.

Comprende tres subgrupos coas categorías que se detallan:

1. Oficios propios da industria do frío.

a) Maquinista.

b) Maquinista B.-Oficial de 2ª.

c) Axudante de máquinas.

d) Axudante de máquinas de 1ª.

e) Axudante de máquinas de 2ª.

e) Axudante de máquinas de 3ª.

f) Axudante de máquinas de 4ª.

2. Oficios auxiliares.

a) Oficial de 1ª.

b) Oficial de 2ª.

c) Oficial de 3ª.

d) Empacadora.

e) Auxiliar empacadora de 1ª.

f) Auxiliar empacadora de 2ª.

g) Auxiliar empacadora de 3ª.

h) Aprendiz.

3. Peonaxe.

a) Capataces.

b) Peón especializado de 1ª.

c) Peón especializado de 2ª.

d) Peón especializado de 3ª.

e) Peón.

As categorías especificadas anteriormente teñen carácter enunciativo e non implican a obriga de ter previstas todas elas, se a necesidade e o volume da industria non o require.

Sen embargo, todo traballador que realice as funcións especificadas na definición dunha categoría profesional determinada haberá de ser remunerado,

polo menos, coa retribución que a ela lle asigne este convenio unitario.

Son así mesmo enunciativos os distintos cometidos sinalados a cada categoría ou especialidade pois todo traballador da industria está obrigado a realizar cantas tarefas e operacións lle ordenen os seus superiores, dentro dos xerais cometidos propios da súa categoría profesional.

ANEXO II

Código

categoría

CategoríasSalario

base

Gratificación

voluntaria

Complemento

distancia

Total

1Título superior105.390127.7705.520238.680
14Oficial 1ª administrativo87.660102.1805.520195.360
20Oficial 2ª administrativo71.31093.9605.520170.790
31Oficial 3ª administrativo71.31056.3705.520133.200
41Auxiliar administrativo N-171.31050.8205.520127.650
43Auxiliar administrativo N-271.31033.6605.520110.490
44Auxiliar administrativo N-371.31017.1005.52093.930
45Auxiliar administrativo N-469.2705.52074.790
51Maquinista71.31062.4305.520139.260
52Maquinista B71.31059.5505.520136.380
53Axudante de máquinas71.31056.5205.520133.350
54Axudante de máquinas N-171.31050.8205.520127.650
55Axudante de máquinas N-271.31033.6605.520110.490
56Axudante de máquinas N-371.31017.1005.52093.930
57Axudante de máquinas N-469.2705.52074.790
61Encargados/capataces71.31065.3405.520142.170
62Oficial de 1ª71.31062.4305.520139.260
63Oficial de 2ª71.31059.5505.520136.380
64Oficial de 3ª71.31056.5205.520133.350
65Peón especializado N-171.31053.6405.520130.470
66Peón especializado N-271.31050.3205.520177.650
67Peón especializado N-371.31033.6605.520110.490
68Peón especializado N-471.31017.1005.52093.930
69Peón69.2705.52074.790
71Empacadora71.31050.8205.520127.650
72Auxiliar de empacadora N-171.31033.6605.520110.490
73Auxiliar de empacadora N-271.31017.1005.52093.930
74Auxiliar de empacadora N-369.2705.52074.790
81Limpeza71.31050.8205.520127.650
82Auxiliar limpeza N-171.31033.6605.520110.490
83Auxiliar limpeza N-271.31017.1005.52093.930
84Auxiliar limpeza N-369.2705.52074.790
85Auxiliar Mani. N-369.2705.52074.790