Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2000 Páx. 651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1999 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1998, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa, as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condición correspondentes.

Resolución: 16-11-1999.

Obxecto: ocupación do edificio da estación marítima.

Porto: Goián.

Adxudicatario: Concello de Tomiño.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 3-12-1999.

Obxecto: modificación da concesión destinada á construcción de fábrica de fariña de peixe, fábrica de alimentos para animais, almacén de contedores, edificio de talleres e outros usos da fábrica de conservas.

Porto: Bodión.

Adxudicatario: Jesús Alonso, S.A. (JEALSA).

Prazo: ata o 2-8-2017.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante, á elección do interesado, no Xulgado do Contencioso-Administrativo de A Coruña ou ante o xulgado do contencioso-administrativo competente na circunscripción onde teña aquél o seu domicilio, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 14 de xaneiro.

Santiago, 21 de decembro de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia