Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2000 Páx. 651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 2 de decembro de 1999, do Servicio de Conservación do Litoral, de notificación da resolución recaída no expediente de autorización 99/128, tramitado por solicitude formulada por María Carmen García Aldao para realización de obras consistentes en obras de mellora de vivenda, no lugar de praia de Lourido (termo municipal de Poio) dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que se relaciona no anexo a resolución do delegado desta consellería en Pontevedra, recaída no expediente de autorización tramitado neste servicio, solicitude formulada por Mª Carmen García Aldao para a realización de obras consistentes en mellora de vivenda, no lugar de praia de Lourido, termo municipal de Poio, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente,

no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 2 de decembro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 99/128.

Solicitante: Mª Carmen García Aldao.

Último enderezo coñecido: rúa Palamios, 21-2º L.

Obra solicitada: mellora de vivenda.

Lugar: praia de Lourido.

Concello: Poio.

Resolución: de conformidade co artigo 71.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, resólvese ter por desistido da solicitude epigrafada a Mª Carmen García Aldao, ordenando o seu arquivo sen máis trámites.