Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2000 Páx. 649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 2 de decembro de 1999 pola que se outorga a Insuiña, S.L. autorización para modifica-las instalacións dunha granxa mariña, situada en Chapela-Redondela (Pontevedra).

1. Antecedentes.

Vista a solicitude presentada por Enrique de Llano Monelos en representación de Insuiña S.L., con data do 7 de outubro de 1999 (nº de rexistro 14.370) nos servicios centrais desta consellería, na que pide a modificación do proxecto de construcción dunha granxa mariña situada en Chapela-Redondela (Pontevedra), da que é titular.

2. Consideracións legais e técnicas.

-Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio).

-Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142, do 24-7-1997).

Orde do 12-4-1999 pola que se outorga a Insuiña S.L. permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dunha granxa mariña sita en Chapela, Redondela (Pontevedra).

Considerando:

Que nos meses de funcionamento da primeira fase deste proxecto se fixo necesario incorporar medidas para mellora-la rendibilidade do proxecto, a calidade da producción e que simplifican os procesos productivos.

Que as modificacións realizadas no proxecto consisten basicamente na remodelación da zona das piscinas de cultivo e non afectan á finalidade do proxecto, non supón alteración do dominio público marí

timo-terrestre, nin maior edificabilidade ou variación das condicións urbanísticas.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, tendo en conta a proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños,

RESOLVE:

Autorizar a Insuiña, S.L. (CIF B-36021954), a modificación do plano de planta xeral do proxecto de construcción dunha granxa mariña dedicada ó cultivo (preengorde) de dourada e rodaballo, situada en Chapela-Redondela (Pontevedra), da que é titular; outorgada por Orde do 12 de abril de 1999 (DOG nº 119) e co remate da vixencia o 23 de xuño de 2009.

Esta resolución outórgase baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O plano da planta xeral correspondente á zona que se modifica (planta baixa oeste) corresponderase co publicado como anexo a esta orde. As modificacións serán acordes coa documentación que consta no expediente e o proxecto de construcción elaborado por Tecnigal, S.L. de outubro de 1998, modificado en outubro de 1999.

Segunda.-Como consecuencia da modificación engádense 12 tanques de carga e espera de 2 m x 2 m x 2 m.

Terceira.-Especies: tódalas piscinas se poderán dedicar indistintamente ó cultivo de dourada (Sparus aurata) e rodaballo (Psetta maxima).

Cuarta.-Nas piscinas da planta alta increméntase a superficie de cultivo, sen modifica-las piscinas. En consecuencia, a capacidade de producción quedará como segue:

Dourada (de 3 a 20 g)15.000.000 unidades/ano.

Rodaballo (de 5 a 150 g)250.000 unidades/ano.

Quinta.-Ó establecemento seralle de aplicación o disposto na orde inicial de outorgamento e posteriores disposicións legais concordantes.

Sexta.-O outorgamento desta autorización non exime o titular da obtención das licencias e outras autorizacións legalmente procedentes esixibles por outros organismos en función das súas competencias.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1999.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura