Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2000 Páx. 638

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (102/1999).

Ramón Lojo Aller, maxistrado-xuíz do Xulgado do Penal número un de Santiago de Compostela,

Fai saber que no Xulgado do Penal número un de Santiago de Compostela, e por telo acordado no procedemento abreviado 102/1999, dobre delicto de lesións, se requiriu a Alfonso Carreras Badiola, nacido en Bilbao (Biscaia), o día 7-10-1955, con DNI 14.559.291 e en paradoiro descoñecido, co fin de que no prazo de quince días designe letrado e procurador legalmente habilitados para exerce-la acusación particular nesta causa, ó ter renunciado o letrado designado por aquel, coa prevención de que, no caso de non verificalo no prazo indicado se lle dará por desistido da acusación particular.

E para que sirva de requirimento, expídese este edicto en Santiago de Compostela o 10 de decembro de 1999.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado