Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2000 Páx. 637

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (137/1999).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, fai saber:

Que no xulgado do meu cargo, baixo o número 00137/1999, séguese procedemento ordinario sumario hipotecario artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Hermanos Roca Rodríguez, S.L., con domicilio na r/de Lugo s/n de Melide, María Lila Quinteiro Quinteiro, con DNI número 76.803.095-T, con domicilio na r/ Wenceslao Fernández Flórez número 15 de Melide, Lucas Roca Quinteiro, con domicilio na rúa Wenceslao Fernández Flórez número 15 de Melide, Zeltia Roca Quinteiro, con domicilio na rúa Wenceslao Fernández Flórez número 15 de Melide, José Roca Rodríguez, con DNI número 76.483.322-L, con domicilio na rúa de Lugo s/n de Melide, Virtudes Pampín Sánchez, con DNI número 76.500.220-N, con enderezo na rúa de Lugo s/n de Melide, Jesús Manuel Roca Rodríguez, con DNI número 76.519.265-J, con enderezo na rúa de Lugo s/n de Melide, María del Mar Guardo Bande, con DNI número 9.744.839-S, con domicilio na rúa de

Lugo s/n de Melide, Carlos Roca Rodríguez, con DNI número 78.783.460-L con enderezo na rúa de Lugo s/n de Melide e María Luisa Fernández Ferreiro, con DNI número 76.518.983-S, con domicilio na rúa de Lugo s/n de Melide, por reclamación de cantidade. Nos devanditos autos acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por prazo de vinte días e prezo da súa valoración, o ben que se hipo-

tecou no procedemento e que se describe ó final do edicto:

Os bens saen a licitación nun só lote.

A poxa terá lugar o vindeiro día catorce de febreiro de 2000, ás once horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, situado na Avda. de Lugo número 45-47, baixo as condicións seguintes:

1. O tipo do remate será o do valor que se lle deu ó ben (é dicir 26.850.000 ptas), sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da devandita suma.

2. Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente, polo menos, o vinte por cento do tipo do remate, no establecemento destinado para o efecto Banco Bilbao Vizcaya, S.A., Axencia Urbana, rúa Ramón Franco de Arzúa, conta de consignacións número 1510/0000/18/137/1999.

3. Soamente o executante poderá cederlle-lo remate a un terceiro.

4. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata que teña lugar, depositándoo na mesa do xulgado, e xunto co prego, o xustificante do ingreso do importe ó que se fixo mención no punto nº 2.

5. No suposto de resultar deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día trece de marzo de 2000, ás 11 horas, nas mesmas condicións que a primeira, agás o tipo do remate que será o setenta e cinco por cento do da primeira e no caso de resultar deserta a devandita segunda poxa, terá lugar unha terceira poxa, sen suxeición a tipo, o día dez de abril de 2000, tamén ás 11 horas, rexendo para ela as restantes condicións que se fixeran para a segunda.

Para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados en particular, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Dado en Arzúa o catro de outubro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado

Relación de bens obxecto da poxa:

Monte toxeira, de oito mil metros cadrados. Linda: norte, Manuel Buján, sur, Rosa-María Roca Rodríguez e outro, leste, Manuela Lorenzo Varela e oeste, María Rosa Roca Rodríguez e outro.

Encol deste predio atópase unha edificación que consta dunha soa planta (nave destinada para gardar maquinaria), duns trescentos metros cadrados de superficie e que linda por tódolos seus ventos co resto do predio sen edificar. A situación é no lugar de Agueiros, parroquia e concello de Melide.

Inscrición.-Rexistro da Propiedade de Arzúa, tomo 434, libro 72 de Melide, folio 227, predio 12.342, duplicado, inscrición 1ª e 3ª.