Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2000 Páx. 637

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a Resolución do 15 de decembro de 1999 da dita dirección pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral relativas á categoría 2 (titulado superior médico) e 6 (titulado superior psicólogo) do grupo I de conformidade co establecido na Resolución do 30 de xuño de 1999.

Publicada a Lei 7/1999, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000 (DOG nº 252, do 31 de decembro), esta dirección xeral en aplicación do artigo 30 da citada lei

RESOLVE:

O importe da taxa que figura no punto cuarto da Resolución do 15 de decembro de 1999 (DOG nº 5, do 10-1-2000) queda fixado en:

-Grupo I: 7.525 ptas.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33% logo de xustificación documental.

En consecuencia, os interesados ós que se refiere o punto cuarto da Resolución do 15 de decembro de 1999 disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para lle remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento da taxa correspondente.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública