Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2000 Páx. 560

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL VIRXE DA XUNQUEIRA

ACORDO do 15 de decembro de 1999 polo que se anuncia a convocatoria de probas de selección de persoal facultativo especialista conforme a Lei 10/1996, do 5 de novembro (Diario Oficial de Galicia número 227, do 20 de novembro).

Probas de selección de persoal facultativo especialista.

Na súa virtude, a dirección da fundación fai pública a convocatoria da selección dun posto de especialista en traumatoloxía e ortopedia (Ref. TRA), e dous postos de especialistas en xinecoloxía e obstetricia (Ref. XIN) de acordo coas seguientes bases:

Titulación: a que corresponda, vía MIR ou equivalente.

Tipo de contrato: a contratación do persoal que resulte seleccionado someterase ó disposto no Real decreto lei 8/1997, do 16 de maio, en materia de fomento da contratación indefinida e tamén ó dis

posto no artigo 15.1º do Estatuto dos traballadores. O contrato será a tempo completo.

Procedemento de selección: consistirá nunha proba que será eliminatoria, sobre a especialidade. Os candidatos que superen a proba someteranse, nunha segunda fase, á baremación do currículum vitae e á realización dunha entrevista a cada un dos aspirantes, cunha ponderación da valoración global do 45% e 55% respectivamente.

A selección efectuarase por unha comisión designada para o efecto.

Puntuación final e aspirantes seleccionados: coas puntuacións outorgadas, confeccionarase o listado final. Se se considera que os candidatos non reúnen os requisitos mínimos, declararase deserta a convocatoria.

Inicio das probas: as probas non se realizarán antes dun mes, desde que se publique esta convocatoria.

Solicitude de participación: deberase enviar un currículum vitae detallado (xustificando documentalmente os méritos alegados) ó seguinte enderezo: Recheo s/n, Paseo Marítimo 15270 Cee-A Coruña, no prazo improrrogable de 20 días naturais, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, indicando no sobre a referencia correspondente, unha vez aboada a cantidade de 2.000 ptas., do que se xuntará xustificante de pagamento, en concepto de dereitos de exame, que se aboarán na conta do BBV nº 0182-5947-11-001011112/4.

Teléfono de información: 981 70 61 99.

Incorporación: a formalización do contrato e a incorporación definitiva dos seleccionados producirase segundo as necesidades da posta en funcionamento do servicio do hospital.

Cee, 15 de decembro de 1999.

José Rey Aneiros

Director da Fundación Pública Hospital Virxe

da Xunqueira