Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2000 Páx. 559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do expediente de estudio de detalle da UE IV-10 Ramón Nieto, 4. (Expediente 5003/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo en sesión do día 4 de novembro de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da UE IV-10 Ramón Nieto, 4, presentado por Ricardo Estrada Ibars en representación de Eloy e Hijos, C.B., redactado polos arquitectos Alberto Lago e Pedro de la Puente Crespo, e visado polo COAG con datas 5 de novembro de 1998, 5 de marzo

e 8 de setembro de 1999, someténdoo a información pública na forma prevista no artigo 42.6º e 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Por medio deste anuncio sométese a información pública o devandito expediente mediante a inserción de anuncio no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, significando que o prazo de información pública é como mínimo dun mes e entenderase aberto coa publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes da publicación do derradeiro, computado na forma prevista no artigo 48 da LRXAP-PAC, co fin de que calquera interesado e público en xeral presenten as alegacións ou documentos que estimen convenientes. O expediente atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edifico da Xerencia, Praza do Rei, esquina rúa Cachamuíña) á disposición do público en xeral.

De conformidade co artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, por medio do presente anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se poida practica-la notificación intentada.

Vigo, 3 de xaneiro de 2000.

Xabier Toba Girón

Vicepresidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo