Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2000 Páx. 517

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 27 de decembro de 1999 pola que se modifica a clasificación dos postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional do Concello de Ribadeo (Lugo).

O Concello de Ribadeo, en sesión ordinaria do pleno que tivo lugar o día 29 de novembro de 1999, adoptou o acordo relativo á reclasificación dos postos de Secretaría e de Intervención do concello en clase primeira.

Na actualidade, os devanditos postos de traballo do Concello de Ribadeo están clasificados en clase 2ª, de conformidade co previsto no artigo 2 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

O artigo 7 do antedito Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, establece que os concellos nos que concorran unha serie de características, con acusados incrementos de poboación en determinadas épocas do ano, caso que se dá naqueles nos que existe, entre outras, unha importante actividade turística, poderán ser clasificados en clase superior á que lle corresponda, segundo o artigo 2 deste real decreto, por instancia da corporación interesada.

Así mesmo, nas corporacións locais con secretaría de clase primeira, de conformidade co previsto no

artigo 2 do Real decreto 1732/1994, existirá un posto de traballo denominado Tesourería, reservado a funcionarios/as pertencentes á subescala de Intervención-Tesourería.

Por todo isto, e tendo en conta as circunstancias que concorren no Concello de Ribadeo, de acordo coa información e documentación que consta no expediente, en aplicación do establecido nos artigos 7 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso da atribución do artigo 13.2º 17 da Lei 4/ 1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

1. Os postos de traballo de Secretaría, Intervención e de Tesourería do Concello de Ribadeo, provincia de Lugo, reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, clasifícanse conforme se determina no anexo que se xunta a esta orde.

2. De conformidade coa disposición adicional primeira do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, a modificación da clasificación á que se refire esta orde non afectará ó destino dos/as funcionarios/as que viñesen desempeñando o posto con carácter definitivo.

Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a Consellería da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Postos de traballo de funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional do Concello de Ribadeo (Lugo):

Posto: Secretaría.

Clase: primeira.

Subescala: Secretaría.

Categoría: superior.

Posto: Intervención.

Clase: primeira.

Subescala: Intervención-Tesourería.

Categoría: superior.

Posto: Tesourería.

Subescala: Intervención-Tesourería.