A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola
Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, sitas no seu territorio.
Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.
Consonte o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, segundo a súa redacción trala modificación operada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do consello de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no consello de administración, polo que, recibida copia da comunicación que recolle do acordo do Pleno, do 25 de novembro de 1999, do Concello de Moaña, polo que se nomea novo representante do dito concello na Autoridade Portuaria de Vigo, en canto órgano competente,
DISPOÑO:
Nomear a José Manuel Cordeiro Portela vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, en representación do Concello de Moaña.
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 1999.
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas
e Vivenda