Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2000 Páx. 509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de concurso para adxudica-lo servicio de mantemento das zonas axardinadas do municipio de Cambre.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cambre.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Contratación.

c) Número do expediente: 99/70-12 Con. Asist. Serv.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: mantemento das zonas axardinadas do municipio de Cambre.

b) Lugar de execución: municipio de Cambre.

c) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro do ano 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

35.442.586 ptas., IVE incluído (213.014,23 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: 708.852 ptas. (4.260,29 euros).

b) Definitiva: 1.417.703 ptas. (8.520,57 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Cambre. Departamento de Contratación.

b) Domicilio: Adro, nº 1.

c) Localidade e código postal: Cambre 15660.

d) Teléfono: 981 61 31 28/981 61 31 88.

e) Telefax: 981 67 59 69.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14 horas do día anterior a aquel en que remate o prazo para presenta-las proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo III, subgrupos 5 y 7, categoría B.

b) Outros requisitos: acreditación da solvencia económica, financeira e técnica polos medios dos artigos 16, 17 e 19 da Lei 13/1995 que se sinalan no anexo I, epígrafe 5 do cadro de características do contrato.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: das 9 ás 14 horas dentro do prazo de trece días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en tres sobres pechados:

-Sobre A, subtitulado «Oferta económica», conterá a proposición económica formulada de conformidade co modelo que figura no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Sobre B, subtitulado «Documentación», conterá a documentación esixida na cláusula 12.2 do prego.

-Sobre C, subtitulado «Referencias técnicas», conterá a documentación esixida na cláusula 12.3 do prego.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Concello de Cambre. Rexistro de Entrada.

2º. Domcilio: Adro, número 1.

3º. Localidade e código postal: Cambre, 15660.

d) Prazo de validez da oferta: tres meses, desde a apertura.

e) Variantes: admitirase un máximo dunha variante.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Cambre (salón de sesións).

b) Domicilio: Adro, número 1.

c) Localidade: Cambre.

d) Data: oitavo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas (agás os sábados, que pasará ó luns seguinte).

e) Hora: 12 da mañá.

10. Outras informacións.

Departamento de Contratación, primeiro andar da casa do concello.

11. Despesas de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Exposición do prego: poderase examinar no Departamento de Contratación, primeiro andar da casa do concello, e presentar alegacións no prazo de oito días, de conformidade co establecido no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Cambre, 17 de decembro de 1999.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde