Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2000 Páx. 509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

CONCURSO para a contratación do servicio de limpeza de edificios municipais para o 2000.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do servicio de limpeza de edificios municipais durante o 2000, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do Concello de Barbadás. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, na casa do concello. A documentación que hai que presentar, o modelo de presentación e os demais datos figuran no mencionado prego de condicións,

que lles será facilitado gratruitamente ós que o soliciten, no rexistro do concello, Cimadevila (Barbadás), ou por teléfono: 988 36 00 00 e fax: 988 36 01 26.

Barbadás, 22 de decembro de 1999.

O alcalde

Rubricado