Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2000 Páx. 507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/99-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. r/ Ramón Cabanillas, 8.

Situación: Ourense.

Características técnicas: liña a 20 kV subterránea, en conductor R.H.V. 12/20 kV, de 32 m de lonxitude, con orixe e final na L.M.T., existente C.T. Ramón Cabanillas pasando polo C.T. proxectado con 630 kVA. r/t 20.000/380-220 V. No primeiro andar de garaxes do edificio nº 8 da r/ Ramón Cabanillas. Rede de baixa tensión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 29 de novembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense