Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: r/ Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Montarelo Penela.
Situación: Palas de Rei.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 86 m de lonxitude. Centro de transformación de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión a 380/220 V en conductor R.Z. de 1.010 m de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 26 de novembro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo