Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2000 Páx. 500

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1999, do tribunal designado para xulga-las probas de obtención do certificado CE de conselleiros de seguridade, convocadas por Resolución do 25 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes (Diario Oficial de Galicia número 210, do 29 de outubro), pola que se elevan a definitivas as listas provisionais de aprobados e se ordena a súa publicación.

De conformidade co establecido na base 4.4º da Resolución do 25-10-1999 pola que se convocan probas do certificado CE de conselleiros de seguridade.

Este tribunal resolveu:

Primeiro.-Publica-las listas definitivas de aprobados das distintas modalidades e clases do certificado CE de conselleiros de seguridade, que se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Transportes, nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e nos servicios provinciais de Transportes.

Segundo.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Presidente do tribunal