De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa interesada mencionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente sancionador simplificado nº 36/42/1999 e acumulado, por infracción en materia de defensa do consumidor.
Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación; se non fose recorrida no dito prazo, a sanción será firme e poderá facerse efectiva, en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta número 3110001136 da Caixa Galicia (2091), oficina de relacións con organismo (0388) Santiago de Compostela, nos seguintes prazos:
a) As débedas notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.
b) As débedas notificadas entre os días 16 e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.
De non efectuar o pagamento no prazo antes mencionado, procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva.
Expediente: 36/42/1999 e acumulado.
Inculpado: J.M. Pardo, S.L.
Enderezo: r/ Concepción Arenal, 50, 36950 Moaña (Pontevedra).
Motivos: información deficiente venda de vivendas.
Sanción: 220.000 ptas.
Data de resolución: 8-11-1999.
Pontevedra, 25 de novembro de 1999.
Camen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra