De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.
Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López e secretario a José Antonio García Blanco, funcionarios desta delegación provincial, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.
Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-1º planta.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).
Lugo, 8 de outubro de 1999.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente nº P-162/99.
Denunciado: Ángel Domínguez Rey. (DNI 34.147.325).
Último enderezo coñecido: r/ Valencia, nº 580-1º. Barcelona.
Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca con cana no embalse de Belesar, sen estar en posesión da preceptiva licencia en vigor.
Feitos constatados o día 11-8-1999 en Paradela. Lugo.
Precepto sancionador: 34.1º da Lei de pesca 7/1992.
Cualificación da infracción: menos grave.
Sanción: 50.001 pesetas de multa.
Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.