Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2000 Páx. 454

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de decembro de 1999 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B).

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o acceso ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B) realizada pola Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG nº 11, do 19 de xaneiro de 1998) e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, elevada polo correspondente tribunal, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal de aspirantes que superaron o proceso selectivo, que se publica como anexo desta orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no DOG, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os documentos a que se refiren as bases V.I. e V.2. da orde da convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publi

cación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en

conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión

de Administración da Xunta de Galicia (grupo B)

Promoción interna

DNIOpositorExame 1Exame 2Exame 3Exame 4ConcursoNota final

36.055.476Constenla Patiño, Antonio Javier18,47146,8--------2,8642,13

Acceso libre

DNIOpositorExame 1Exame 2Exame 3Exame 4ConcursoNota final

32.815.136Vázquez Lago, Cristina19,3818,19,66,65--------53,73

33.291.122Cortiñas Fernández, Silvia18,1618,67,19,72--------53,58