Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2000 Páx. 454

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de decembro de 1999 pola que se nomea persoal interino do grupo C, escala técnica auxiliar de informática, sección programador na Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Por orde desta consellería do 12 de maio de 1999 (DOG nº 101, do 28 de maio), convocáronse probas selectivas para a cobertura dun posto de traballo vacante nos servicios dependentes da Consellería da Presidencia e Administración Pública correspondentes ó grupo C, escala técnica auxiliar de informática, sección programador da Xunta de Galicia, mediante o nomeamento de persoal interino.

Realizadas as probas e publicada a proposta do tribunal do aspirante que superou, pola Resolución do 15 de novembro de 1999 (DOG nº 226, do 23 de novembro), unha vez presentada e comprobada a documentación esixida pola base sétima da convocatoria, esta consellería, de conformidade co establecido na base oitava da orde de convocatoria e facendo uso da facultade conferida polo artigo 13.2º 9 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear persoal interino do grupo C, escala técnica auxiliar de informática, sección programador da Xunta de Galicia, o aspirante proposto polo correspondente tribunal que a continuación se especifica:

DNI: 33.328.854.

Apelidos e nome: Regueira Soengas, Marco Antonio

Segundo.-O aspirante nomeado deberá tomar posesión no prazo de cinco días contados a partir do

día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. No caso de non incorporarse ó respectivo posto de traballo asignado no prazo indicado anteriormente, decaerá nos seus dereitos, agás nos casos de forza maior.

Terceiro.-O servicio de persoal da unidade administrativa á que sexa destinado o nomeado deberá remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública unha copia das dilixencias de toma de posesión.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1999, do 26 de novembro ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública