Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2000 Páx. 416

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de decembro de 1999 pola que se conceden axudas a alumnos e profesores de centros públicos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países da Unión Europea para favorece-la aprendizaxe activa de linguas e realizar estadías en empresas.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 14 de xaneiro de 1999, convocáronse axudas para alumnos e profesores de centros públicos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países da Unión Europea para favorece-la aprendizaxe activa de linguas e para realizar estadías en empresas.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo sétimo da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322T.480.0 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo I.

Segundo.-Denegar ou excluír, polas causas que se indican, as solicitudes que se relacionan no anexo II. Indicar no anexo III os centros que renunciaron a ela.

Terceiro.-De acordo co artigo noveno da orde de convocatoria, as axudas serán aboadas da seguinte forma:

Para as axudas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo de aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez rematada a actividade e logo da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, achegando certificación respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade o pagamento realizarase integramente unha vez rematada e xustificada a actividade.

Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios quedarán obrigados a:

1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non a acepta, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilita-la información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memoria.

Os centros beneficiarios enviarán unha memoria das actividades realizadas que inclúa:

a) Resumo do desenvolvemento da actividade realizada.

b) Obxectivos conseguidos.

c) Procedemento de avaliación utilizado, resultados obtidos e difusión que se realizou deles.

A memoria estará acompañada dunha certificación do director do centro no que se faga consta-lo nome e número de rexistro persoal do profesor responsable do proxecto e dos profesores que o acompañaron na viaxe.

3.2. Xustificación de gastos efectuados.

Os centros educativos enviarán unha certificación do consello escolar do centro aprobatoria do gasto, xuntando unha relación detallada dos gastos efectuados.

Quinto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Educación, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publi

cación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a dictar tantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento correcto desta orde.

Segunda.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Proxectos seleccionados

TIPO DE ACCIÓNCENTRO ESCOLARAXUDA

CONCEDIDA

PAÍS DE DESTINO

INTERCAMBIOIES PEDRA DA AUGA 625.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES O COUTO 850.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES ROSALÍA DE CASTRO 725.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES ROSAIS 2 670.000INGLATERRA

INTERCAMBIOIES PRIETO NESPEREIRA 380.000INGLATERRA

INTERCAMBIOIES MONELOS 580.000ITALIA

INTERCAMBIOIES Nº 1-RIBEIRA 700.000FRANCIA

ENCONTROIES AS FONTIÑAS 820.000ITALIA

VISITA PREPARATORIACPI DE MOSTEIRO-MEIS 126.000ALEMAÑA

INTERCAMBIOCEIP SANTA RITA 625.000FINLANDIA

VISITA PREPARATORIACEIP SANTA RITA 150.000FINLANDIA

VISITA PREPARATORIAIES MACÍAS O NAMORADO 126.000INGLATERRA

VISITA PREPARATORIACEIP JOSEFA ALONSO 126.000ITALIA

VISITA PREPARATORIACOLEXIO APÓSTOL SANTIAGO 126.000ALEMAÑA

INTERCAMBIOCOLEXIO APÓSTOL SANTIAGO 300.000FRANCIA

INTERCAMBIOCEIP BREA SEGADE 880.000CHEQUIA

VISITA PREPARATORIACEIP FROEBEL 126.000ITALIA

VISITA PREPARATORIAIES A XUNQUEIRA-1 126.000ITALIA

VISITA PREPARATORIAIES OTERO PEDRAYO 100.000FRANCIA

VISITA PREPARATORIACEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO 126.000BÉLXICA

VISITA PREPARATORIACEIP DE PETELOS-MOS 150.000NORUEGA

INTERCAMBIOIES. REPL. OR. DO URUGUAI 500.000ALEMAÑA

VISITA PREPARATORIACEIP SAN PEDRO DE VISMA 126.000IRLANDA

VISITA PREPARATORIACEIP A GUÍA 150.000FINLANDIA

VISITA PREPARATORIACEIP A FRAGA 40.000PORTUGAL

INTERCAMBIOCEIP CASTRILLÓN COIRO 373.000PORTUGAL

ENCONTROCEIP DA PASTORIZA 500.000FRANCIA

VISITA PREPARATORIACEIP SAGRADA FAMILIA 126.000ITALIA

VISITA PREPARATORIAIES SOMESO 126.000INGLATERRA

VISITA PREPARATORIAIES ELVIÑA 126.000ITALIA

INTERCAMBIOIES VALLE-INCLÁN 825.000FRANCIA

VISITA PREPARATORIAIES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ 126.000INGLATERRA

PRÁCTICAS EN EMPRESAEFA A FONTEBOA 727.500FRANCIA

VISITA PREPARATORIAESCOLA DE ARTE ANTONIO FAÍLDE 126.000ALEMAÑA

TIPO DE ACCIÓNCENTRO ESCOLARAXUDA

CONCEDIDA

PAÍS DE DESTINO

VISITA PREPARATORIAIES DE TEIS 100.000FRANCIA

VISITA PREPARATORIAIES DE TEIS 126.000INGLATERRA

INTERCAMBIOIES LUCUS AUGUSTI 640.000DINAMARCA

INTERCAMBIOIES VILAXOANE 575.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES N.SRA.OLLOS GRANDES 350.000ALEMAÑA

VISITA PREPARATORIACEIP DE CARNOTA 126.000BÉLXICA

INTERCAMBIOIES A XUNQUEIRA 1 520.000ITALIA

INTERCAMBIOIES ROSALÍA DE CASTRO 900.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES SÁNCHEZ CANTÓN1.150.000FRANCIA

VISITA PREPARATORIACEIP RAÍÑA FABIOLA 100.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES MONELOS 596.992FRANCIA

INTERCAMBIOIES O CASTRO 790.000ITALIA

INTERCAMBIOIES MARQUÉS DE SARGADELOS 790.000INGLATERRA

VISITA PREPARATORIACEIP VIRXE DO CARME 126.000INGLATERRA

VISITA PREPARATORIACEIP A FRAGA 126.000ITALIA

VISITA PREPARATORIACEIP ESTEIRO-FERROL 126.000INGLATERRA

INTERCAMBIOCEIP DE ESTEIRO-FERROL 460.000INGLATERRA

VISITA PREPARATORIAIES LAMAS DE ABADE 126.000ITALIA

VISITA PREPARATORIAIES AGRA DE RAÍCES 150.000NORUEGA

VISITA PREPARATORIACEIP SANTA Mª DO CASTRO 126.000INGLATERRA

VISITA PREPARATORIACEIP QUINTELA 126.000ITALIA

INTERCAMBIOCEIP A FRAGA 360.000PORTUGAL

VISITA PREPARATORIAIES A SARDIÑEIRA 126.000ITALIA

INTERCAMBIOIES VIRXE DO MAR 600.000FRANCIA

VISITA PREPARATORIACEIP COIRÓN DENA 39.000PORTUGAL

VISITA PREPARATORIAIES RIBEIRA DO LOURO 150.000SUECIA

INTERCAMBIOCOLEXIO LA SALLE 523.125FRANCIA

VISITA PREPARATORIAIES XELMÍREZ I 100.000FRANCIA

VISITA PREPARATORIACEIP SANTA RITA-GALDO 126.000ALEMAÑA

VISITA PREPARATORIAIES FRANCISCO AGUIAR 150.000FRANCIA

VISITA PREPARATORIAIES DE AMES 126.000ITALIA

VISITA PREPARATORIACEIP MESTRE VALVERDE MAYO 126.000HUNGRÍA

VISITA PREPARATORIAACEESCA 126.000DINAMARCA

VISITA PREPARATORIAIES MONTE DA VILA 126.000BÉLXICA

VISITA PREPARATORIACEP DOUTOR FLEMING 126.000POLONIA

VISITA PREPARATORIAIES CAMPO DE SAN ALBERTO 126.000INGLATERRA

ANEXO II

Solicitudes excluídas

TIPO DE ACCIÓNCENTRO ESCOLARPAÍS

DE DESTINO

CAUSA DE EXCLUSIÓN

INTERCAMBIOCOLEXIO APÓSTOL SANTIAGOINGLATERRANON SE ADAPTA Á CONVOCATORIA

VISITA PREPARATORIACEIP A SOLAINAALEMAÑANON SE ADAPTA Á CONVOCATORIA

VISITA PREPARATORIAIES AS TELLEIRASALEMAÑAFÓRA DE PRAZO

INTERCAMBIOIES AS TELLEIRASALEMAÑAFÓRA DE PRAZO

VISITA PREPARATORIAIES RIBEIRA DO LOUROFRANCIACONCEDIDA OUTRA AXUDA PARA O MESMO PROXECTO

ENCONTROIES FERNANDO WIRTZDINAMARCANON SE ADAPTA Á CONVOCATORIA

VISITA PREPARATORIACEIP A GUÍA-MOAÑAITALIACONCEDIDA OUTRA AXUDA PARA O MESMO PROXECTO

VISITA PREPARATORIAESCOLA DE ARTE MESTRE MATEOALEMAÑANON TEN LUGAR NO ANO 1999

VISITA PREPARATORIACPI FORTE-BOQUEIXÓNINGLATERRANON TEN LUGAR NO ANO 1999

INTERCAMBIOCPI FORTE-BOQUEIXÓNINGLATERRANON TEN LUGAR NO ANO 1999

ANEXO III

Renuncias

TIPO DE ACCIÓNCENTRO ESCOLARPAÍS DE DESTINO

INTERCAMBIOIES XELMÍREZ IIGRECIA

INTERCAMBIOIES A PINGUELAHUNGRÍA

PRÁCTICAS EN EMPRESASIES DE ORDESFINLANDIA

INTERCAMBIOIES DE ELVIÑAITALIA

VISITA PREPARATORIACOLEXIO LA SALLE-FERROLFRANCIA

INTERCAMBIOCEIP CASTRILLÓN-COIROPORTUGAL

VISITA PREPARATORIAIES FRAGA DO EUMEAUSTRIA