Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2000 Páx. 408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE IRIXOA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto urxente, do servicio de recolla de lixo e transporte a vertedoiro acondicionado.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Irixoa (A Coruña).

2. Obxecto do contrato: adxudicación do servicio de recolla domiciliaria de lixo e o seu transporte a vertedoiro acondicionado.

3. Prazo do contrato: o servicio durará 1 ano, prorrogable por outro máis.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso conforme o prego de cláusulas administrativas e técnicas aprobado por acordo plenario do concello do 26-11-1999.

5. Tipo de licitación: 3.825.000 pesetas (22.988,71 euros).

6. Garantías: fianza provisional do 2% do tipo e definitiva do 4% do importe de licitación.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Irixoa.

b) Domicilio: Pazo de Irixoa, 6, Irixoa (A Coruña) 15313.

c) Teléfono: 981 79 30 01.

d) Fax: 981 79 31 57.

8. Clasificación do contratista: non se esixe.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: no prazo de 13 días naturais, a partir do seguinte ó desta publicación

no BOP ou DOG (rematando segundo o último anuncio publicado), en horario de 9 a 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: o sobre «A» conterá a documentación xeral, o sobre «B» de referencia técnicas e o sobre «C» de oferta económica; toda ela esixida na cláusula 5 do prego.

10. Apertura de ofertas: na Casa do Concello de Irixoa, ás 13 horas do día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de plicas, agás se coincide en sábado, que se trasladará ó día hábil seguinte.

11. Criterios de adxudicación: oferta económica (3), camión de recolla (2,5), adecuación de posible vertedoiro dispoñible (2), persoal adscrito (1,5) e melloras do servicio (1).

12. Exposición pública do prego: durante o prazo reducido de 4 días hábiles exponse o prego ó público, suspendéndose o prazo de presentación de proposicións se se presentase algunha, mentres non sexa resolta expresamente aquela.

Irixoa, 3 de decembro de 1999.

Juan Pérez Díaz

Alcalde