Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2000 Páx. 407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión do día trinta de novembro de mil novecentos noventa e nove, acordou:

Aprobar con carácter definitivo unha modificación do estudio de detalle da UA 68 do vixente PXOU que afecta á ordenación dos volumes edificatorios previstos sobre as parcelas A, B, C e D, presentada polos seus propietarios e redactada polo arquitecto Rafael González-Cebrián Tello.

Determinar que este acordo é firme en vía administrativa e pode ser recorrido potestativamente en reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou ser impugnado directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. En caso de interpoñerse o recurso de reposición, non poderá acudirse á vía contencioso-administrativa ata a súa resolución expresa ou presunta.

O prazo de interposición do recurso de reposición é dun mes contado desde o día seguinte ó da publi

cación e deberá ser resolto no prazo dun mes. Transcorrido este prazo sen resolver, poderase entender desestimado por silencio administrativo.

O prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo é de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación. En caso de interposición previa do recurso potestativo de reposición, o prazo contarase desde o día seguinte ó da notificación da súa resolución. De non haber resolución expresa, o prazo será de seis meses e contarase desde o día seguinte a aquel no que deba entenderse presuntamente desestimado.

Culleredo, 3 de decembro de 1999.

P.D. (Resolución 22-10-1999,

BOP do 13 de novembro)

Ricardo Seoane Candamio

Primeiro tenente alcalde delegado de Urbanismo