Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2000 Páx. 369

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1999 pola que se dispón o cesamento, por petición propia, de José Luis Rodríguez Fernández como secretario xeral do Consello Consultivo de Galicia.

En atención ó acordo plenario do 29 de decembro de 1999, e de conformidade cos artigos 5.2º e 21.3º da Lei 9/1995, do 10 de novembro, de creación do Consello Consultivo de Galicia e 32 do seu regulamento de organización e funcionamento,

RESOLVO:

Que cese por petición propia, José Luis Rodríguez Fernández como secretario xeral deste órgano, con expreso agradecemento dos servicios prestados, debendo procederse á publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1999.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia