Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2000 Páx. 315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1999 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Vilariño, xunto co proxecto e estudio de avaliación ambiental do concurso AC/40/98.

Neste organismo autónomo achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Vilariño, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que hai que executar, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo o dispón a lexislación vixente.

Con este anuncio, para dar cumprimento ó disposto nos artigo 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións coiden procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento

e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -edificio administrativos San Caetano, s/n. 15071. Santiago de Compostelae dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que

corresponden facer desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios das casas do concello de Monfero e Vilarmaior (A Coruña).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos, e así dirixir ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos Caetano, s/n. 15071 Santiago de Compostela.

Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: edificio administrativo Monelos-Praza de Luís Seoane, 1ª planta-15008 A Coruña.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Os Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais do proxecto:

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Os Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

Delegación provincial de Medio Ambiente da Coruña: edificio administrativo Monelos-Praza de Luís Seoane, 5ª planta-15008 A Coruña

Concello de Monfero: Rebordelo, 1-15619 Monfero (A Coruña).

Concello de Vilarmaior: Armada, 1-15637 Vilarmaior (A Coruña).

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios.

Peticionario e promotor: APRENAR, S.L.

Enderezo: r/ Beado, 43, Rocha Vella 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

Representante: Jesús María Fernando Díaz Vázquez.

Denominación do aproveitamento: central hidroeléctrica do Repicón.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 600 l/sg.

Corrente de derivación: río Vilariño (cota normal de embalse: 156).

Corrente de restitución: río Vilariño (cota de finalización: 76,5).

Desnivel (salto bruto): 79,5 m.

Altura do azude: 2,7 m (altura sobre fondo de cimentación).

Potencia xerador: 425 kVA.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concellos de Monfero e Vilarmaior (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e obra de toma:

O azude será de gravidade de planta recta e altura de 2,7 m sobre fondo do cimentación. A coroación, de cota 156 e lonxitude 17 m, actuará como labio vertente en toda a súa lonxitude. O volume embalsado será duns 580 m.

Na marxe dereita arrinca a conducción, despois dun elemento desareador e escoadoiro.

Disporase unha escala de peixes.

Conducción de derivación:

A conducción de derivación está formada por un tubo de fibrocemento de diámetro 70 cm, cunha lonxitude de 430 m, soterrado ata chegar á cámara de carga.

Cámara de carga e encanamento forzado:

A cámara de carga é de formigón armado e de aquí parte a encanamento forzado, que será de aceiro ó carbono, cun diámetro interior de 600 mm, con lonxitude de 289 m. O espesor previsto é de 7 mm.

Central:

A central estará nun edificio de tipo convencional, con dimensións en planta 20 x 8, no que se aloxarán os equipos electromecánicos.

Equipos electromecánicos:

A turbina será do tipo Francis de eixe horizontal, cunha potencia nominal de 382,3 kW e unha velocidade de 1.000 r.p.m.

O alternador será asíncrono, cunha potencia de 425 kVA, unha tensión de 6,6 kV e unha frecuencia de 50 Hz.

Completa o equipamento un transformador de potencia de 450 kVA a 6,6/20 kV.

Ademais situaranse diversos equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalación para os fins da necesaria expropiación forzosa, os que a seguir se indican cos seus propietarios:

Concello: Vilarmaior.

PolígonoNº predioPropietarioLonx. afectada (m)Superficie

afectada (m)

UsoElemento de afección

52José Varela Espada-120Azude toma

Concello: Monfero.

PolígonoNº predioPropietarioLonx. afectada (m)Superficie

afectada (m)

UsoElemento de afección

---120MonteAzude toma e conducción

Estrada-55EstradaConducción

57-105472,50MonteConducción

58-1045MonteConducción

56-34153MonteConducción

60-1254MonteConducción

59-104468PraderíaConducción

74-56252MonteConducción

76-40180MonteConducción

77-16,875,60MonteConducción

115-11,551,80MonteConducción

118-1881MonteConducción

117-42189MonteConducción

116--10MonteAfección para

cámara

136--189MonteCámara/Chem. e encanamento forzado

119-147661,50MonteEncanamento forzado

113b-418-Encanamento forzado

113a-28126-Encanamento forzado

112-20+10=30135PraderíaEncanamento forzado

112a-28126PraderíaEncanamento forzado

111-836PraderíaEncanamento forzado

110-940,50PraderíaEncanamento forzado

109-28126Acceso a centralEncanamento forzado

93 (*)--720PraderíaCentral

92 (*)--330PraderíaCentral

91-36240PraderíaCentral e accesos

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.