Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2000 Páx. 315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de concesión derivada do permiso de investigación fracción primeira a Breijas, 2606, situado no concello de Silleda, provincia de Pontevedra e promovido por Minas de Bandeira, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, de 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de concesión derivada do permiso de investigación fracción primeira a Breijas, nº 2.606, situado en Silleda (Pontevedra).

2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposisición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra.

* Concello de Silleda.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental