Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2000 Páx. 314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de pesca fluvial de Galicia 037/1999, de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo, a resolución do devandito expediente, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Contra esta resolución, de conformidade cos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurí

dico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da recepción da notificación.

Procedemento sancionador Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Expediente: 037/1999.

Provincia: Lugo.

Denunciado/último domicilio coñecido:

Félix Lozano Prieto.

r/ Piñeiras-Santiago número 14-16-1º.

Narón (A Coruña).

Resolución:

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca empregando artefactos ou instrumentos de uso prohibido (5 sedelas dormentes ou espichos), tendo capturado cinco troitas de tamaño inferior ó regulamentario.

Tipificación: artigo 35.5º da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Resolución: sanción con multa de cincocentas mil unha pesetas (500.001 ptas.), inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un período dun ano e un día, e indemnización por danos e perdas de sete mil pesetas (7.000 ptas.)

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO