Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2000 Páx. 309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 29 de novembro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea V.O.O. II.

Visto o expediente incoado por Carmen Viana Gómez, no que solicita o cambio de dominio mor

tis-causa do viveiro flotante de cultivo de mexillón denominado V.O.O. II, outorgado pola orde ministerial do 1-8-1969, situado na cuadrícula nº 255, do polígono C de Cambados, rematando a concesión o 30-8-2009 e do que eran titulares Carmen Viana Gómez e Manuel Oubiña Otero.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de derradeiras vontades, e declaración notarial de herdeiros ab-intestado de Manuel Oubiña Otero, a relación de bens e a documentación acreditativa do pagamento ou da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería accedeu ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Carmen Viana Gómez (35.372.531); Mª Carmen Oubiña Viana (35.433.475); José Manuel Oubiña Viana (35.456.852); José Mª Oubiña Viana (35.463.878); Mª Socorro Oubiña Viana (35.442.993) e Juan Carlos Oubiña Viana (35.462.757).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, e quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 29 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo