Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2000 Páx. 302

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal facultativo especialista das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

De conformidade co previsto na base sexta da Resolución do 28 de decembro de 1998, pola que se fai pública a convocatoria do concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal facultativo especialista das institucións sanitarias

dependentes do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 10, do 18 de xaneiro de 1999), esta división, no exercicio das competencias que ten delegadas polo artigo 19.2º do Decreto 49/1998, do 5 de febreiro (DOG nº 33, do 18 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, e no artigo 4 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio),

ACORDA:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal facultativo especialista das institucións sanitarias depedentes do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998, nos termos que aparecen reflectidos no anexo desta resolución.

Na lista definitiva incluída no anexo figura a relación por cada especialidade dos concursantes admitidos, a puntuación definitiva outorgada a cada un e, se é o caso, o destino adxudicado. Así mesmo, inclúense nesta lista os aspirantes excluídos por algunha das causas de exclusión relacionadas nela.

Segundo.-A publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia serviralles de notificación ós interesados e a partir do primeiro día hábil seguinte a ela comezarán a contarse os prazos establecidos para que os organismos afectados efectúen as actuacións administrativas procedentes, sen prexuízo do disposto no parágrafo quinto do punto cuarto desta resolución.

Terceiro.-Conforme o establecido no artigo 11.4º da Lei 30/1999, do 5 de outubro, de selección e provisión de prazas de persoal estatutario dos servicios de saúde, as prazas adxudicadas serán irrenunciables, a menos que durante o prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, caso no que o interesado poderá optar entre os postos que lle fosen adxudicados, estando obrigado a comunicárlle-la opción realizada ós organismos convocantes dos concursos en que participase, dentro do prazo de tres días.

Cuarto.-De conformidade co previsto na base sétima da convocatoria, os concursantes que obteñan praza deberán cesar na que, se é o caso, desempeñen, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución definitiva. Non obstante, o xerente da institución, por necesidades asistenciais, poderá ampliar este prazo ata un máximo de vinte días hábiles, comunicando tal decisión á institución na que obtivese novo destino.

A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse no centro de xestión de destino dentro dos tres días hábiles seguintes ó do cesamento, se as prazas son da mesma localidade, no prazo de quince días hábiles, se as prazas son de distinta localidade e da mesma área de saúde, ou no dun mes, se pertencen a distinta localidade e área de saúde.

Non disporán de ningún dos prazos de posesión sinalados, aqueles adxudicatarios de praza no concurso que xa viñeran ocupando praza no mesmo cen

tro de destino, en virtude de comisión de servicios ou reingreso provisional.

Os prazos de posesión do persoal en situación de comisión de servicios entenderanse sempre referidos á praza que veñen ocupando en comisión de servicios.

Se así o permiten as necesidades do servicio e por petición do interesado, os prazos a que se refiren os puntos anteriores poderán ser prorrogados por tempo non superior á metade da súa duración inicial.

Quinto.-O prazo de toma de posesión iniciarase cando remate o permiso ou licencia que, se é o caso, lle fose concedido ó interesado, a non ser que, por causas xustificadas, se acorde suspende-lo seu desfrute.

Excepto cando a resolución do concurso implique o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión e, se é o caso, a prórroga deste terá a consideración de servicio activo.

No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión será dun mes, contado desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os traslados derivados deste concurso teñen carácter voluntario, e non xeran dereito ó aboamento de ningunha clase de indemnización.

Sexto.-Cando un concursante non tome posesión da súa nova praza dentro do prazo de toma de posesión ou, se é o caso, da prórroga que á súa petición motivada lle fose concedida, entenderase que renuncia a esta e causará baixa na súa categoría como persoal estatutario, a non ser que tal feito se produza por causas suficientemente xustificadas, así apreciadas, logo de audiencia do interesado, pola autoridade convocante. En tal caso, poderase deixar sen efecto a citada baixa debendo incorporarse á nova praza tan pronto como desaparezan os motivos que imposibilitaron a toma de posesión.

No suposto de que a autoridade convocante acorde a súa baixa na categoría de conformidade co establecido no parágrafo anterior, daráselles conta disto ós órganos centrais do Insalud e ós servicios de saúde das comunidades autónomas que teñan asumidas as competencias do Insalud, segundo corresponda.

Sétimo.-Os concursantes que non obteñan praza no concurso manteranse na situación de destino na que están, con excepción dos reingresados provisionais, que poderán exerce-la opción á que se refire a base 2.6 da Resolución do 28 de decembro de 1998, pola que se convocou o concurso de traslados.

Oitavo.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán formular recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación. Potestativamente, poderán interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, ante este centro directivo.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

Listado definitivo de excluídos

NomeDNICausa de

exclusión

Escriche Jaime, Mª Dolores Julia18.403.482(2)
Faraldo Roca, Antonio32.605.361(1)
Lorenzo Díaz, Mª José32.606.814(1)
Kowalski Peyrona, Emilio2.485.819(1)
Sáez Oza, Enrique3.231.969(1)

Causas de exclusión

(1) Non acreditar ser persoal estatutario fixo ou con praza en propiedade como facultativo especialista de área nos servicios xerarquizados das institucións sanitarias da Seguridade Social.

(2) Pedir prazas non ofertadas.