Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2000 Páx. 272

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, pola que se amplía a Resolución do 26 de outubro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 19 de novembro) pola que se fai pública a lista de aprobados no curso de especialización en educación infantil para mestres convocado pola Orde do 31 de marzo de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 22 de abril).

Por Orde do 31 de marzo de 1998 (DOG do 22 de abril) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocouse un curso de especialización en educación infantil para mestres en servicio

activo na Comunidade Autónoma de Galicia, que se realizará segundo a modalidade de formación a distancia.

Desenvolvidas as fases teórico-práctica, práctica e avaliación previstas nos puntos I e II do anexo I da devandita orde de convocatoria, e publicada a relación de aprobados, procede a súa ampliación. En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar apta a Mª Isabel Otero Vázquez, con DNI 34.940.474, por ter superado o citado curso de especialización en educación infantil convocado pola Orde do 31 de marzo de 1998.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1999.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa

e Formación Profesional