Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2000 Páx. 253

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 1/2000, do 7 de xaneiro, de asunción da ampliación de medios efectuada en virtude do Real decreto 1838/1999, do 3 de decembro, dos adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de educación, e a súa asignación á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Polo Real decreto 1838/1999, do 3 de decembro, amplíanse os medios adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de educación.

Procede, en virtude do citado traspaso, asumir de forma expresa a devandita ampliación de medios, nos termos e as condicións especificadas no acordo da Comisión Mixta de Transferencias e asignárllela ós órganos correspondentes da Administración autonómica galega.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de xaneiro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Queda asumida a ampliación de medios efectuada en virtude do Real decreto 1838/1999, do 3 de decembro, dos adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de educación, nos termos e as condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado como anexo ó dito real decreto.

Artigo 2º

1. Asígnaselle á Consellería de Educación e Ordenación universitaria a ampliación de medios asumida de conformidade co disposto no artigo anterior.

2. Os órganos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria exercerán as atribucións que lles correspondan conforme as normas que regulan a súa estructura.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e a execución deste decreto e para adopta-las medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica da ampliación de medios traspasados.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de xaneiro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública