Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 07 de xaneiro de 2000 Páx. 244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1999, da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia a adxudicación do concurso público aberto, polo trámite urxente, de adquisición de aparellos e dispositivos para o equipamento dos distintos centros dependentes desta xerencia. (C.P. 3/1999).

O director xerente de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998 ( DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve publica-la adxudicación do seguinte contrato administrativo:

Expediente: concurso público de subministracións (C.P. 3/1999).

Obxecto: adquisición de aparellos e dispositivos para o equipamento dos distintos centros da xerencia de atención primaria.

Adxudicatario:

Nº de orde 1: centrifugas. Pacisa y Giralt, S.L. 640.000 ptas.

Nº de orde 2: seladoras Galerías Sanitarias, S.L. 201.144 ptas.

Nº de orde 3: electrocardiógrafos. Disgamédica, S.L. 1.585.000 ptas.

Nº de orde 4: electrobisturís. Galerías Sanitarias, S.L. 229.700 ptas.

Nº de orde 5: esterilizadores. Antonio Matachana, S.A. 1.476.600 ptas.

Nº de orde 6: pulsioxímetros. Galerías Sanitarias, S.L. 283.000 ptas.

Nº de orde 7: unidade parede: otoscopio-oftalmoscopio-rinoscopio. Galmedic Suministros Médicos, S.L. 1.820.580 ptas.

Lugo, 8 de outubro de 1999.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director xerente de Atención Primaria de Lugo