Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle a Jesús Cao García a proposta do expediente sancionador, VP-C 20/1999, por non realiza-las obras ordenadas, causa prevista no artigo 153.C.6 do Regulamento de VPO.
Para a dita infracción a instructora do expediente propón a sanción de multa 1.000.000 de ptas. sen prexuízo da obriga de realiza-las obras ordenadas.
Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade
sancionadora, déase traslado ó interesado concedéndolle un prazo de 15 días para formular alegacións e trámite de audiencia e presenta-los documentos e informacións que estime pertinente. A presente proposta non é susceptible de recurso.
E para que conste e lle sirva de notificación a Jesús Cao García de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 30 de novembro de 1999.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa da Área Provincial da Coruña