Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 07 de xaneiro de 2000 Páx. 240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 30 de novembro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada J.C. 2 a favor de Rosa Digna Fajardo Fernández, Jesús e José Santiago Saborido Fajardo.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta o previsto no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e 10.1º do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi

acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: J.S. 2.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Caramiñal H, cuadrícula 161.

Data da concesión: 5-11-1976.

Data do remate da última prórroga: 3-12-2006.

Anterior concesionario: Rosa Digna Fajardo Fernández (33.111.610) e José Mª Saborido Silva (33.111.627).

Novos titulares da concesión e batea: Rosa Digna Fajardo Fernández (33.111.610), titular de 2/4 indivisos e usufructuaria do total; Jesús Saborido Fajardo (52.453.677), nudo propietario de 1/4 indiviso; José Santiago Saborido Fajardo (76.779.193), nudo propietario de 1/4 indiviso.

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 30 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120 do 24 de xuño

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña