Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi
acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:
Denominación da batea: Melón 1.
Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Localización: Caramiñal H, cuadrícula 44.
Data da concesión: 2-9-1973.
Data de finalización da última prórroga: 17-10-2003.
Anterior concesionario: Manuel Francisco Melón Romero (35.378.001) e Josefa Ermitas Lorenzo Torrado (33.074.832).
Novo titular da concesión e batea: Manuel Francisco Melón Lorenzo (76.514.101).
O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.
A Coruña, 25 de novembro de 1999.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120 do 24 de xuño
María José Cancelo Baquero
Delegada territorial da Coruña