Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 07 de xaneiro de 2000 Páx. 237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 5 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 166/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación ser relaciona o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de Sanidade, do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para

o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 10 días para presentar alegacións; no caso de non presentalas, segundo o artigo 13.2º do dito Real decreto 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador: Secretaría 166/1999.

Denunciado: Francisco Javier Otero García.

DNI/CIF: 76.777.689.

Derradeiro enderezo coñecido: Derechos Humanos, 8-2º, Boiro.

Cualificación da infracción: grave.

Importe da sanción: un millón de pesetas (1.000.000 de ptas.).

A Coruña, 5 de outubro de 1999.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña