Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 07 de xaneiro de 2000 Páx. 236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1999, do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona da Trapa (A Fonsagrada-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona da Trapa (A Fon

sagrada-Lugo), que co obxecto de que tomen posesión deles se poñen á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, fixándose como data límite para a dita toma de posesión, a do 31 de decembro de 1999, se non se chega a un acordo entre o propietario deles e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles contados desde o 3 de xaneiro de 2000, os interesados poderán reclamar, achegando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.

Segundo o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios, será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto. As denuncias contra os propietarios que impidan a toma de posesión deberán facelas os novos propietarios no prazo sinalado no segundo parágrafo deste escrito.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución outorga, ós que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada, poderá verse privado das colleitas, se non se chega a un acordo co adxudicatario.

Lugo, 3 de decembro de 1999.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo

Visto e prace

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo