Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Andión (Pol).
Situación: Pol.
Descricións técnicas: arranxo centro de transformación Andión de 100 kVA. Rede de baixa tensión cunha lonxitude de 2.955 m en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 3 de novembro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo