Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 07 de xaneiro de 2000 Páx. 234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/139-2, 5239 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. subterránea para subministración lonxa de Celeiro (Viveiro).

Situación: Viveiro.

Descricións técnicas: liñas subterráneas: tramo ST Magazos-C.T.-A Xunqueira en conductor 3x240 mm. Tramo C.T. Val de Flores-C.T. Verxelles en conductor 3x150 mm. Tramo C.T. portos-C.T. lonxa Celeiro en conductor 3x150 mm. Substitución conductores: tramo C.T. OF. BEGASA-C.T. Edif. Europa. Tramo C.T. Edif. Europa-C.T. R. López. Tramo R. López-C.T. Edif. servicios. Tramo C.T. O Valado-C.T. Estr. cemiterio.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 3 de novembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo