Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 07 de xaneiro de 2000 Páx. 221

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de xaneiro de 2000 que modifica a do 1 de decembro de 1999 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Advertido erro na orde publicada no DOG nº 3, do 5 de xaneiro de 2000, cómpre face-la seguinte rectificación:

Na páxina 170 no ANEXO onde están incluídos doce postos coas numeracións comprendidas entre os números 1140 e 1151, ámbolos dous inclusive, no que se refire o número 1148 (situado en noveno lugar), onde di:

«Posto: 1148; grupo: A; requisitos indispensables: LCDO. CIENCIAS ECONÓMICAS/LCDO. EN DEREITO»,

Debe dicir:

«Posto: 1148; grupo: A/B; requisitos indispensables: LCDO. CIENCIAS ECONÓMICAS/LCDO. EN DEREITO/DIP. EST. EMPRESARIAIS/GRADUADOS SOCIAIS/DIP. ECONÓMICAS OU EMPRESARIAIS».