Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 07 de xaneiro de 2000 Páx. 220

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de decembro de 1999 que modifica a do 1 de decembro de 1999 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes afectados polo traspaso en materia de xestión de traballo, emprego e formación.

Por Orde do 1 de decembro de 1999 (DOG nº 235, do 7 de decembro) convocouse concurso para a provisión de postos de traballo vacantes afectados polo traspaso en materia de xestión do traballo, emprego e formación.

Co informe favorable da Comisión de Persoal, do 22 de decembro de 1999, e de conformidade co establecido na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, o artigo 18 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 13/1996, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e demais normas concordantes, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-lo terceiro parágrafo da base II.5 da Orde do 1 de decembro de 1999, polo

que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes afectado polo traspaso en materia de xestión do traballo, emprego e formación, que pasa a te-la seguinte redacción:

«Linguaxe administrativa, nivel medio de linguaxe administrativa local galega ou de linguaxe xurídica galega, os ciclos elemental e superior dos estudios de galego das escolas oficiais de idiomas: 3 puntos».

Segundo.-A data límite para a presentación das instancias no concurso coincidirá co último día dos 15 hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido no artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública