Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2000 Páx. 184

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (113/1999).

En cumprimento do acordado por resolución do día da data, dictada polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira (A Coruña), faise saber que neste xulgado se tramita expediente de xurisdicción voluntaria, baixo o nº 113/1999, promovido por Mª del Carmen Pazos Gerpe, sobre declaración de falecemento de Manuel José María Allo Antelo, nado no lugar de Outeiro, parroquia de Santa Cristina de Marcelle, concello da Baña, o día 2 de xaneiro de 1893, fillo de Pedro Allo Antelo e Rosa Antelo Liñares, emigrado a Cuba no ano 1909, sen que desde o día da súa marcha se volvese a ter noticia del.

O que para os fins previstos nos artigos 2042 e seguintes da Lei de axuizamento civil, en relación co 193 e concordantes do Código civil, se fai público mediante este edicto, o cal se publicará no Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia por dúas veces e cun intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para ser oída no mencionado expediante.

Dado en Negreira o quince de xullo de mil novecentos noventa e nove.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado