Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2000 Páx. 170

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1999 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de secretarios técnicos e técnicos especialistas de laboratorio dos Servicios Xerais de Apoio á Investigación e da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación, no cadro de persoal laboral desta universidade.

Aprobada por Resolución do 10 de agosto de 1995 a oferta de emprego público para 1995 de persoal de administración e servicios da Universidade da Coruña, e aprobada a laboralización das prazas de secretario técnico dos Servicios de Apoio á Investigación e da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación, respectivamente, por acordo da Xunta de Goberno do 9 de xuño de 1999,

Este rectorado, no uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, en relación co artigo 3.2º e) da mesma norma, así como nos estatutos desta universidade, aprobados por decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro), modificado polo Decreto 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), e co obxecto de atende-las necesidades de técnicos do laboratorio de investigación,

RESOLVE:

Primeiro.-Convocar probas selectivas para a provisión das dúas prazas de secretarios técnicos e un técnico especialista de laboratorio (grupo III do persoal laboral) que a continuación se especifican:

a) Un secretario técnico da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación.

b) Un secretario técnico dos Servicios Xerais de Apoio á Investigación.

c) Un técnico especialista de laboratorio do Sxain.

As probas selectivas realizaranse con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

1. Solicitudes.

1.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán solicitalo na instancia segundo modelo que figura como anexo IV, debendo sinalar no punto número 17, por cál das especialiadades ou categorías A, B ou C se presentan, sendo posible optar a varias delas. Xunto coa instancia acompañarase focotopia do documento nacional de identidade, acreditándose ademais o pagamento dos dereitos de exame na forma prevista no punto 1.2.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo.

As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A presentación das solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade da Coruña (edificio do Rectorado, rúa da Mestranza, s/n, CP 15001) ou en Ferrol (Vicerrectorado do Campus, Doutor Vázquez Cabre

ra, s/n, CP 15403), ou nas restantes formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

1.2. Os dereitos de exame serán de 7.515 pesetas que se ingresarán, directamente ou mediante transferencia, en calquera das oficinas da Caixa Postal, na conta corrente número 1302-1700-42-0017957982, «Probas selectivas para secretarios técnicos e técnicos especialistas de laboratorio», ó nome da Universidade da Coruña. A solicitude deberá ir acompañada do xustificante acreditativo do ingreso, a falta deste determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso o pagamento suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude ante o órgano expresado no punto 1.1.

1.3. Os aspirantes que aleguen méritos na fase de concurso deberán acreditalos mediante a presentación dos documentos xustificativos orixinais ou copias compulsadas. Os servicios prestados na Universidade da Coruña acreditaranse mediante certificación expedida pola Xerencia da universidade que estará referida á data de publicación no DOG da presente convocatoria, e que deberá incorporarse á solicitude.

1.4 Os aspirantes que padezan algunha discapacidade poderán indicalo no recadro número 14 da solicitude e solicitar, se é o caso, as posibles adaptacións de tempos e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria, expresándoo no recadro número 15.

1.5. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 1.1. para a presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada polo tribunal.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Para ser admitido á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir e mante-los seguintes requisitos:

a) Ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados, ós que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta está definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea. Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito,

menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non exceder dos sesenta e cinco.

c) Estar en posesión da titulación de BUP ou FP de 2º grao, ou equivalente, ou en condicións de obtela na data na que remate o prazo de presentación das solicitudes. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá estarse en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas por sentencia firme. Os aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu estado, o acceso á función pública.

2.2. Tódolos requisitos deberán posuírse no momento de remata-lo prazo de presentación das solicitudes e gozar deles durante o proceso selectivo.

3. Discapacidades.

3.1. Para a realización das probas selectivas o tribunal cualificador destas establecerá, para as persoas con minusvalidez que o demandarán na solicitude de admisión, as adaptacións posibles de tempo e medios.

3.2. Se no desenvolvemento do proceso selectivo se suscitaran dúbidas ó tribunal respecto da capacidade dos aspirantes con algunha discapacidade para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos traballadores da mesma categoría, poderá solicita-lo correspondente dictame do órgano competente da Comunidade Autónoma.

4. Listas de admitidos e excluídos.

4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, no prazo máximo de vinte días naturais, o rector da universidade dictará resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, na que se declaren aprobadas as listas de aspirantes admitidos e excluídos, referidas a cada especialidade ou categoría profesional, que se farán públicas no taboleiro de anuncios do Rectorado da universidade e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol, con mención expresa do nome, apelidos e documento nacional de identidade e, se é o caso, as causas de exclusión.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación da referida resolución, para reclamar contra a súa exclusión e solicita-la reparación do defecto que a motivase. Transcorrido o devandito prazo o rector dictará resolución na que declare aprobada a lista definitiva

de admitidos e excluídos, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, contra a que os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

4.2. O feito de figurar na lista de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 9.1 desta convocatoria.

5. Sistema selectivo.

5.1. O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición, coa valoración de méritos, exercicios e puntuacións que se especifican no anexo I.

5.2. O programa das probas da fase de oposición é o que figura como anexo II.

6. Tribunal cualificador.

6.1. O tribunal cualificador é o que figura como anexo III da presente convocatoria.

6.2. O tribunal na súa constitución, composición e funcionamento aterase ó disposto no artigo 30 do R.D. 364/1995 e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

6.3. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas no número que estime necesario.

6.4. O tribunal terá a categoría terceira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño).

7. Calendario das probas.

7.1. O lugar e data de comezo dos exercicios será feito público na resolución rectoral que aprobe as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos.

7.2. A duración máxima das probas selectivas será dun ano dende a data de publicación da presente convocatoria.

7.3. A orde de actuación dos aspirantes será a que determina a Dirección Xeral da Función Pública da Comunidade Autónoma para o ano en que se realice a proba.

8. Aspirantes de nacionalidade estranxeira.

Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acredita-lo coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, na que se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.

O contido desta proba axustarase ó disposto no Real decreto 826/1988, do 20 de xullo (BOE do

29 de xullo), polo que se establecen diplomas acreditativos do coñecemento do español como lingua estranxeira. A proba cualificarase de apto ou non apto, sendo necesario obte-la valoración de apto para pasar a realiza-los exercicios da fase de oposición. Quedan eximidos de realizar esta proba os aspirantes que acrediten mediante fotocopia compulsada estar en posesión do diploma superior de español como lingua estranxeira establecido polo Real decreto 826/1988, do 20 de xullo, modificado e completado polo Real decreto 1/1992, do 10 de xaneiro, ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escuelas oficiais de idiomas. De non achegar esta documentación non poderán ser declarados exentos, debendo, en consecuencia, realiza-la proba descrita no parágrafo anterior.

9. Lista de aprobados.

9.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública no Rectorado da Coruña, no Vicerrectorado do Campus de Ferrol, e no lugar ou lugares de celebración do exercicio, así como naqueloutros que estime oportuno, a relación dos aspirantes que o superaran, con indicación da puntuación obtida, así como, de se-lo caso, a de cada unha das probas que o compoñan.

9.2. O tribunal fará pública a valoración dos méritos da fase de concurso unha vez realizado o último exercicio da fase de oposición.

9.3. Finalizadas as probas selectivas o tribunal fará publica a relación dos aspirantes que as superaron, constituída por aqueles aspirantes que, en número non superior ó das prazas convocadas, obtiveran a maior puntuación final nelas, calculada de acordo co sistema previsto no anexo I, e con indicación expresa da obtida por cada un deles. Estas listas serán confeccionadas, por cada especialidade ou categoría profesional ás que se refire o punto primeiro das bases, segundo a orde de puntuación final acadada por cada aspirante, e en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas. Os opositores que non se encontren incluídos nesta relación terán a consideración de non ter aprobadas as probas selectivas.

9.4. O tribunal remitirá ó rector a relación definitiva dos aspirantes aprobados pola orde de puntuación final, coa proposta de que se formalicen con eles os correspondentes contratos de traballo.

10. Presentación de documentos e formalización dos contratos.

10.1 No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte ó que se fixese pública a relación definitiva de aprobados nas probas selectivas, estes deberán presentar no Servicio de Persoal da Universidade da Coruña (rúa da Mestranza, s/n) os seguintes documentos:

a) Fotocopia do DNI ou documento acreditativo equivalente de ser nacional dun estado membro da Unión Europea.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para acceder ás probas.

c) Declaración xurada ou promesa de que non foi separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas. Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración ou promesa de non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu estado o acceso á función pública.

d) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que imposibiliten para o servicio.

10.2. Cubertos debidamente polos aspirantes que superaron as probas selectivas os trámites de presentación de documentos, serán contratados como secretarios técnicos ou técnicos especialistas de laboratorio, segundo proceda.

10.3. O período de proba será de seis meses, durante o que o traballador terá os dereitos e obrigacións correspondentes ó posto de traballo que desempeñe, agás os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso. Este período de proba non será aplicable ós aspirantes que con anterioridade desempeñaran funcións en postos da mesma categoría na Universidade da Coruña.

Segundo.-As presentes probas selectivas axustaranse ó disposto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), que aproba o Regulamento xeral de ingreso de persoal ó servicio da Administración xeral do Estado e os estatutos desta universidade, aprobados por decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro), modificado polo Decreto 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), o convenio colectivo aplicable ó persoal laboral da Universidade da Coruña, a Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24), sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea e as bases desta convocatoria.

Terceiro.- A presente convocatoria, as súas bases, e cantos actos administrativos se deriven delas poderán ser impugnados ante a xurisdicción do contencioso-administrativo nos casos e na forma establecidos na Lei de 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 27), modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14).

Así mesmo, os interesados poderán interpor recurso de alzada contra os actos do tribunal cualificador das probas ante o rector da Universidade da Coruña, nos termos previstos no artigo 114 e concordantes da mencionada lei.

A Coruña, 1 de decembro de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

SECRETARIOS TÉCNICOS E TÉCNICOS ESPECIALISTAS DE LABORATORIO

Procedemento de selección.

O procedemento de selección costará de dúas partes: fase de oposición e fase de concurso, cos exercicios e valoración de méritos que para cada unha se indican:

Fase de oposición.

A fase de oposición, que se valorará ata un máximo de 60 puntos, consistirá na realización de tres exercicios, todos eles obrigatorios, dos que só os dous primeiros serán eliminatorios.

Primeiro exercicio: consistirá en contestar un cuestionario tipo test, composto por preguntas con respostas múltiples das que só unha será a correcta, o 20 por cento destas corresponderá ó temario xeral (común a tódalas categorías ou especialidades sinaladas no punto primeiro) e o 80 por cento ó temario específico sinalado para cada unha delas, do programa que figura como anexo. Este exercicio valorarase de 0 a 24 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 8 puntos.

Segundo exercicio: consistirá na resolución de dous supostos prácticos de entre catro propostos polo tribunal para cada unha das categorías ou especialidades ás que se refire a parte específica do programa. Este exercicio valorarase de 0 a 30 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 12 puntos.

Terceiro exercicio:

a) Para as prazas de secretario técnico este exercicio consistirá na realización simultánea das seguintes probas:

-Unha traducción do inglés técnico ó español, sen diccionario, dun texto proposto polo tribunal.

-Unha traducción do francés técnico ó español, sen diccionario, dun texto proposto polo tribunal.

-Unha traducción do español ó galego, sen diccionario, dun texto proposto polo tribunal.

b) Para a praza de técnico especialista de laboratorio este exercicio só incluirá a proba de galego.

Este exercicio valorarase de 0 a 6 puntos.

O tempo de realización de tódolos exercicios será establecido polo tribunal cualificador discrecionalmente.

Fase de concurso.

Nesta fase valoraranse, ata un máximo de 40 puntos, os seguintes méritos:

a) Servicios prestados na Universidade da Coruña como contratado laboral non permanente en postos de funcións similares ó da praza solicitada, cos requisitos fixados na relación de postos de traballo, a razón de 1 punto por cada mes completo ata un máximo de 28 puntos.

b) Cursos impartidos por organismos públicos, institucións ou empresas de prestixio recoñecido relacionados co temario específico de cada praza, ata un máximo de 4 puntos.

c) Entrevista persoal, que se valorará ata un máximo de 8 puntos.

Sistema de puntuación.

A puntuación total das probas farase para cada unha das categorías ou especialidades ás que se refire o punto primeiro das bases. A puntuación de cada fase, concurso e oposición, virá dada pola suma das puntuacións correspondentes ós méritos ou exercicios que as compoñen. As puntuacións finais de cada aspirante no proceso selectivo virán determinadas pola suma das puntuacións acadadas nas dúas fases en cada epígrafe ou especialidade.

No caso de empate na puntuación final entre dous aspirantes, darase preferencia segundo a seguinte orde: 1º maior puntuación na fase de oposición; 2º maior puntuación no segundo exercicio; 3º maior puntuación no primeiro exercicio.

ANEXO II

SECRETARIOS TÉCNICOS E TÉCNICO ESPECIALISTA DE LABORATORIO

Programa das probas.

Parte xeral (común ás dúas especialidades).

1. A Constitución española: dereitos fundamentais e liberdades públicas. Dereitos e deberes dos cidadáns.

2. As universidades: creación, réxime e estructuras. O Consello das Universidades. Os estatutos da universidade da Coruña: natureza e fins da universidade.

3. Estructura da Universidade da Coruña: departamentos, escolas, centros, institutos universitarios e centros adscritos.

4. O goberno da universidade: órganos colexiados e órganos unipersoais.

5. Investigación: da organización da investigación.

6. O persoal da universidade: o persoal docente e investigador. O persoal de administración e servicios.

7. Os servicios xerais da universidade: servicios de apoio á investigación. Servicios de asistencia á comunidade universitaria.

Secretario técnico da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación.

I. Fundamentos da IDT. Innovación e unidades de interfaz:

1. A innovación: definición, clasificación. Innovación tecnolóxica. Elementos do sistema de innovación.

2. As Oficinas de Transferencia de Resultados de Investigación. Principais obxectivos.

3. A rede OTRI. A subrede OTRI-Universidade.

4. Estructuras de interface do contorno tecnolóxico de Galicia. As OTRI de Galicia.

5. Oferta científico-tecnolóxica da rede. A base de datos de transferencia de resultados de investigación da rede de oficinas de transferencia de resultados de investigación (DATRI). Obxectivos. Proceso de elaboración. Contido. Obtención dos datos. Estructura. Formas de acceso. Instalación e consulta.

II. Mecanismos de apoio á IDT:

1. A Comisión lnterdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga).

2. A Secretaría Xeral do Plan Galego de IDT. Estructura organizativa (Sxidt).

3. O Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

4. O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI). Creación. Funcións.

5. A Comisión Interministerial de Ciencia y Tecnología (CICYT). Creación. Funcións. Marco institucional.

6. A Oficina de Ciencia y Tecnología (OCYT). Creación. Funcións. Marco institucional.

III. A Universidade da Coruña como estructura de apoio á investigación e desenvolvemento tecnolóxico:

1. A investigación nos estatutos da Universidade da Coruña. Normativas e regulamentos. A Comisión de Investigación.

2. Axudas á investigación da Universidade da Coruña.

3. Principais áreas de actividade e oferta tecnolóxica da Universidade da Coruña.

4. A Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación da Universidade da Coruña. Organización e funcións.

5. Transferencia de Tecnoloxía na Universidade da Coruña: instrumentos e mecanismos de difusión dos resultados da investigación universitaria.

6. Estructura do Vicerrectorado de Investigación.

7. Acciones de difusión da información de axudas á investigación.

IV. A transferencia tecnolóxica e a protección dos resultados de investigación:

1. Modalidades de protección dos resultados de investigación.

2. Patentes: requisitos de patentabilidade, proceso de solicitude, contido da solicitude, materias que non se consideran invencións, excepcións.

3. Modelos de utilidade: requisitos, contido da solicitude.

4. A protección mediante segredo. Procesos de elaboración.

5. Propiedade intelectual. Proceso de tramitación.

6. Protección de programas de ordenador.

7. A Oficina Española de Patentes e Marcas. Estructura e funcións.

8. As bases de datos bibliográficas da OEPM de invencións: descrición e proceso de buscas retrospectivas.

Secretario técnico dos Servicios Xerais de Apoio á Investigación.

1. Estructura do Vicerrectorado de Investigación.

2. Os Servicios Xerais de Apoio á Investigación na Universidade da Coruña: regulamento. Conexións con outros servicios universitarios. Obxectivos.

3. Estructura dos Servicios Xerais de Apoio á Investigación. Organización e funcións. A comisión de usuarios.

4. Oferta dos Servicios Xerais de Apoio á Investigación: unidades estructurais, laboratorios específicos, análises realizadas.

5. Procedementos administrativos na Universidade da Coruña.

6. Tramitación de solicitudes de análise. Requisitos. Contidos. Proceso de resposta a usuarios.

7. Xestión, recepción e rexistro de mostras. Protocolo. Excepcións.

8. Xestión de subministracións. Procedemento de selección e petición de material bibliográfico científico. Material funxible e reactivos.

9. Xestión das determinacións realizadas nas unidades estructurais. Emisión de resultados. Informes técnicos. Modelos de presentación e procedementos de comprobación e autorización.

10. Traduccións técnicas de textos científicos. Terminoloxía científica en lingua inglesa nos Servicios Xerais de Apoio á Investigación.

11. Procedementos económicos na Universidade da Coruña. Partidas orzamentarias. Criterios de imputación.

12. Xestión económica nos Sxain. Tipos de tarifas. Emisión de notas de control. Facturación. Impostos. Xeración e xestión de cargos por traballos realizados.

13. Xeración de informes de actividade dos Servicios Xerais de Apoio á Investigación. Proceso de elaboración. Contido. Proceso de datos. Estructura.

Técnico especialista de laboratorio.

1. Responsabilidades dun técnico especialista de laboratorio.

2. Procedementos: recepción de mostras e de pedidos.

3. Seguridade e condicións de traballo nun laboratorio químico. Principios xerais.

4. Almacenamento de materiais e de productos químicos.

5. Preparación de mostras. Tipos e aplicacións específicas.

6. Limpeza de materiais para a análise de trazas.

7. Determinación da humidade en mostras sólidas.

8. Calibración de balanzas.

9. Calibración de micropipetas

10. Equipo de xestión de mostras por microondas localizadas. Instrumental e aplicación.

11. Traballo analítico en salas limpas.

12. Preparación de disolucións.

13. Cálculos xerais en química.

ANEXO III

SECRETARIOS TÉCNICOS E TÉCNICO ESPECIALISTA DE LABORATORIO

Tribunal cualificador.

Titulares:

Presidente: Alejandro Pazos Sierra, vicerrector de Organización Docente e Profesorado.

Vocais:

Miguel Maestro Saavedra, director dos Servicios Xerais de Investigación.

Bernardino Arcay Varela, director da Oficina de Transferencia de Resultados e Investigación.

Mª José Grueiro Maroño, representante do comité de empresa.

Rogelio Lage Vázquez, representante do comité de empresa.

Secretario: Daniel Miguélez Costa, xefe da Sección de Selección e Formación de Persoal, que actuará con voz e sen voto.

Suplentes:

Presidente: Miguel Domingo Rodríguez Bugarín, director da ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.

Vocais:

Juan Ramón Vidal Romaní, director do Instituto Universitario de Xeoloxía.

Darío Prada Rodríguez, director do Instituto Universitario de Medio Ambiente.

Manuel Romero Beade, representante do comité de empresa.

Salvador Peña Díaz, representante do comité de empresa.

Secretario: Silverio Díaz Vázquez, xefe da Sección de Retribucións e Acción Social, con voz e sen voto.