Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 28

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 252/1999 e dous máis.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase a seguir:

Nome: Koke Vilalba, S.L.

DNI/NIF: B-27.206.416.

Nº expediente: LU-E 252/1999.

Precepto infrinxido: 23 o) en relación co 26 e) LO 1/1992.

Último domicilio: Cidade de Viveiro, Vilalba.

Multa: ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Nome: Juan Rogero Ayllón.

DNI/NIF: 33.566.655.

Nº expediente: LU-E 257/1999.

Precepto infrinxido: 23 o) en relación co 26 e) LO 1/1992.

Último domicilio: Carrero Blanco, 266-6º E, Lugo.

Multa: ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Nome: Minimal Pub, S.L.

DNI/NIF: B-27.219.690.

Nº expediente: LU-E 248/1999.

Precepto infrinxido: 26 e) ou 23 e) en relación co 26 e) LO 1/1992.

Último domicilio: r/ Galicia, 9, Lugo.

Multa: ata 50.000 ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior Rafael López Charques e secretaria a xefa de Negociado Inés Docando Casanova, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996 da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 22 de novembro de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo