Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 27

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/397-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: reforma C.T. real e R.B.T.

Situación: Moaña.

Características técnicas: C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V, na rúa Fragata Almansa, concello de Moaña. R.B.T., aérea, de 128 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. O Con.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 15 de novembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra