Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 21

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DA CORUÑA

EDICTO (65/1999-E).

María José Gil Taboada, seecretaria do Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña, fai saber:

Que neste xulgado se seguen autos de expediente de xurisdicción voluntaria co nº 65/1999-E, promovidos por Julio García Carneiro, representado polo procurador Carlos González Guerra, sobre declaración de falecemento de Jorge Juan García Carneiro, titular do DNI 32.377.806-Q, nacido na Coruña o 6 de setembro de 1949, fillo dos hoxe falecidos Julio García Souza e Josefa Carneiro García, e que residía cos seus pais no domicilio familiar sito na Coruña na rúa Mosteiro de Bergondo nº SJ, piso 5º B, que desapareceu o 24 de marzo de 1973 en San Juan de Luz, en compañía dos seus amigos Fernando Quiroga Veina e Humberto Fouz Escobedo, que posiblemente foron asasinados por ETA, cuestión amplamente difundida pola prensa a nivel nacional.

E para que así conste e lles sirva de aviso a todas aquelas persoas ás que lles poida interesa-la existencia do expediente, para os efectos do artigo 2042 da Lei de axuizamento civil, expido, selo e asino este edicto na Coruña, oito de novembro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado