Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 31 de decembro de 1999 Páx. 15.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1999 sobre homologación do IV Congreso Europeo de Guías de Turismo organizado pola Confederación Española de Federacións e Asociacións de Guías de Turismo Cefapit.

Ó abeiro do disposto na disposición derradeira primeira, da Orde do 26 de marzo de 1998 pola que se regulamenta a profesión de guía de turismo especializado de Galicia, esta dirección xeral resolve homologa-lo IV Congreso Europeo de Guías de Turismo organizado pola Confederación Española de Federacións e Asociacións de Guías de Turismo Cefapit, para os efectos establecidos no artigo 4 da referida orde.

Este congreso terá 28 horas de duración entre os días 10 e 13 de febreiro do 2000, desenvolvéndose na cidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1999.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo