Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 31 de decembro de 1999 Páx. 15.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1999 sobre revogación do título-licencia de axencia de viaxes a Viajes Galtrek, co código identificativo XG-153 e casa central na rúa Porta da Pena, 10, en Santiago de Compostela.

Visto o expediente de revogación do título-licencia á axencia de viaxes, Viajes Galtrek, sita na rúa Porta da Pena, 10 en Santiago de Compostela, da que é titular José Tato Rey.

Resultando que con data do 6 de marzo de 1998, 1 de abril de 1998 e 6 de setembro de 1999, a Inspección de Turismo constatou a inactividade da referida axencia de viaxes.

Resultando que con base no establecido no artigo 12 e) do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, notificóuselle á citada axencia, mediante oficio do 20 de setembro de 1999 que a inactividade sen causa xustificada, ó longo dun ano continuado é causa de revogación do título-licencia, concedéndoselle un prazo de 15 días para efectua-las alegacións que estimase pertinentes.

Resultando que nese prazo o interesado non efectuou alegacións.

Considerando que, segundo establece o devandito artigo 12 do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, constitúe causa de revogación do título-licencia das axencias de viaxes non mante-la actividade da axencia ó longo dun ano continuado sen causa xustificada.

Vistos a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1993, do 13 de xaneiro, e o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, esta consellería

RESOLVE:

Revoga-lo seu título-licencia á axencia de viaxes Viajes Galtrek, co código identificativo XG-153 e casa central na rúa Porta da Pena, 10 en Santiago de Compostela.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1999.

P.O. (Orde 20-2-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo