Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 31 de decembro de 1999 Páx. 15.412

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de minas, de conformidade co punto terceiro da Resolución do 21 de outubro de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 210, do 29 de outubro).

Publicada a Resolución do 21 de outubro de 1999 (DOG nº 210, do 29 de outubro) relativa á publicación das listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e corres

pondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de minas, e unha vez rematado o prazo previsto no punto terceiro da citada resolución, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas publicadas por parte da comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios, unha vez elevada a correspondente proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas, unha vez corrixidos os erros materiais constatados, as listas para a cobertura con carácter temporal para o nomeamento de persoal interino de postos de traballo reservados a funcionarios correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de minas da forma que a continuación se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión das causas de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública