Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: r/ Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T. Meixide-Pena Couto.
Situación: Chantada.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 3.212 m de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 22 de novembro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo